Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

15/12/21 | 11:44

A Xunta concedeu este ano 40 axudas para facilitar a compra dunha vivenda protexida nova ou rehabilitada

O IGVS esgotou os 450.000 € reservados en 2021 a este novo programa, que recibiu máis dun cento de solicitudes e se acabarán de atender con cargo á próxima convocatoria

11/12/21 | 12:31

A Xunta concede 135 axudas para rehabilitar viviendas e edificios na ARI dos Camiños de Santiago, a cifra máis alta desde a posta en marcha do programa

As subvencións outorgadas ao abeiro da convocatoria deste ano ascenden a 1,3 M€ e permitirán intervir e mellorar inmobles de carácter residencial en 55 concellos

04/12/21 | 13:42 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta os máis de 8 M€ de investimento da Xunta en Vigo para a construción de 62 novas vivendas protexidas e anuncia 80 máis en San Paio de Navia

Despois da entrega realizada en Cambeses, avanza que en xaneiro será unha realidade outra promoción pública: 26 vivendas situadas no barrio de Chantada

01/12/21 | 18:27

A Xunta solicita ao Goberno central que manteña o seu compromiso coas áreas de rehabilitación integral, unha figura imprescindible para Galicia

Ángeles Vázquez subliña que Galicia, con 76 ARI municipais e tres supramunicipais, é a Comunidade que máis apostou por este programa de rehabilitación, que nos últimos 25 anos permitiu mobilizar 185 M€ e recuperar un total de 18.500 vivendas

27/11/21 | 12:40

A Xunta convoca por 1 M€ as axudas á rehabilitación e mellora de vivendas de promoción pública

A resolución coas bases reguladoras deste programa, cuxo prazo de solicitudes se abrirá o 3 de xaneiro de 2022, acaba de ser publicada no Diario Oficial de Galicia

26/11/21 | 12:41

A Xunta anima ao sector da construción a ser un motor da recuperación económica e aproveitar os 360 M€ que se prevén mobilizar grazas á rehabilitación de vivendas

O Goberno galego incidirá na mellora da eficiencia dos inmobles residenciais co reto de actuar sobre 11.500 fogares e reducir en ata 65.000 Tn anuais as súas emisións

24/11/21 | 14:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega duas novas vivendas de promoción pública en Allariz en réxime de aluguer

O delegado territorial explicou que as dúas vivendas posúen garaxe, e rocho e a superficie útil dos mesmos é de 51,28 m2 e 50,46 m2

24/11/21 | 12:54

A Xunta ampliará de 1 a 3 anos o prazo para presentar o informe de avaliación dos edificios catalogados co fin de facilitar o trámite ás comunidades de veciños

O cambio no calendario para a implantación gradual desta medida responde ás dificultades detectadas debido ás restricións impostas pola covid para que as xuntas de propietarios poidan reunirse e ratificar o acordo para a elaboración deste informe

20/11/21 | 12:02

Galicia compartirá a súa aposta pola rehabilitación enerxética das vivendas nunha viaxe a Copenhague para explorar modelos de construción sostibles e eficientes

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, chegará mañá á cidade convidada polo Goberno de Dinamarca, país que ocupa unha posición de referencia a nivel internacional en materia de sostibilidade urbana