Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 258 novas da área temática Urbanismo:

26/09/21 | 12:00

A Xunta ponse á disposición dos concellos para reducir á metade os prazos de tramitación urbanística, que na actualidade se sitúan en seis meses

Unha consulta realizada aos concellos pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda conclúe que o tempo medio é de 177 días, cando a Lei do solo indica que debe ser dun máximo de tres meses

17/09/21 | 13:15

A Xunta licitará en outono as obras de urbanización do parque público de Outeiro Cruz na Arnoia

O convenio fixa un orzamento de case 330.000 euros para a materialización da actuación coa que se pretende construír unha nova zona de ocio e descanso para os veciños

10/09/21 | 14:04

A Xunta e o concello de Pantón humanizarán por 113.000 € os accesos ao balneario e á fonte de Augas Santas

A actuación enmárcase nos obxectivos do plan Hurbe, impulsado hai unha década para contribuír á creación, mellora e humanización dos equipamentos públicos municipais

08/09/21 | 13:05

A Xunta concederá axudas de ata 25.000 euros aos concellos para corrixir impactos paisaxísticos en edificios e equipamentos municipais

Ángeles Vázquez adianta que a partir da vindeira semana os municipios de menos de 20.000 habitantes poderán presentar unha solicitude a esta nova liña de axudas, que se convoca por primeira vez cun importe de 800.000 euros

28/07/21 | 15:48

Ángeles Vázquez salienta a importancia da arquitectura, "unha disciplina integrada no cotián dos galegos"

Salienta que a Xunta, consciente diso, impulsou medidas como a Lei de arquitectura de Galicia, cuxo Anteproxecto se está a ultimar

16/07/21 | 13:01

A Xunta pon fin á tramitación ambiental do instrumento urbanístico que permite a construción do novo colexio público de Porto do Son

A Consellería de Medio Ambiente acaba de emitir o informe do Plan especial de infraestruturas e dotacións, no que indica que non é necesario sometelo a avaliación ambiental estratéxica

05/07/21 | 16:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A convocatoria de axudas ás ARI municipais prevé este ano un orzamento de ata 10,2 M€, ao que xa poden optar as seis áreas declaradas de Ferrolterra

Trenor salientou que o DOG publicou a resolución para que os 3 concellos da comarca de Ferrolterra, Ferrol, Mugardos e Neda poidan solicitar fondos para a execución de proxectos de rehabilitación nas seis áreas declaradas nesta zona

02/07/21 | 11:47

A Xunta asesora ao Concello de Valdoviño para pechar o borrador definitivo do seu primeiro PXOM

O municipio coruñés réxese a día de hoxe por unhas Normas subsidiarias de planeamento aprobadas no ano 1993 que requiren dunha completa actualización