Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

09/06/22 | 16:19

A Xunta promociona as 122 sendas homologadas de Galicia coa presentación dunha guía no sendeiro dos Carranos en Covelo

O delegado territorial, Luis López, acompañado polo alcalde, Pablo Castillo, informa da publicación Sendas para Descubrir un País nun percorrido entre a casa reitoral de Fofe e a praia fluvial de Maceira

09/06/22 | 12:35 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta recibe o distintivo de “Ecoalbergue” para o seu novo centro de peregrinos “Juan Manuel López-Chaves” en Vigo

A delegada territorial da Xunta en Vigo celebrou a entrada do albergue vigués no proxecto “Camiño da Reciclaxe 2022” do Ano Xacobeo

08/06/22 | 19:08 | A Presidencia da Xunta

Nava Castro recibe a Ronaldo Nazario na súa chegada ao Obradoiro

O ex-xogador brasileiro percorreu o Camiño de Inverno xunto a súa muller e un grupo de apoio

08/06/22 | 15:42 | A Presidencia da Xunta

Nava Castro destaca a calidade e a posta en valor da Vía da Prata-Mozárabe que contou cun investimento de 5, 3 millóns de euros nos últimos anos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, compareceu no Parlamento de Galicia para dar conta do balance das accións de impacto da promoción da Vía da Prata-Mozárabe do Camiño de Santiago.

08/06/22 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia ao xeodestino ría de Vigo e Baixo Miño como destino turístico de primeiro nivel e eixo central do Camiño Portugués

O delegado territorial en Pontevedra, Luis López, clausurou esta mañá no Wow Porto a presentación do proxecto ‘Mulleres do Camiño Portugués”, impulsado polo entidade turística para promocionar os 14 concellos desta área do sur da provincia no país veciño.

08/06/22 | 11:16 | A Presidencia da Xunta

A Xunta presenta a segunda edición do Camiño das Músicas Galegas da man da Duendeneta que percorrerá diferentes rutas do Camiño de Santiago

Trátase dun proxecto de difusión cultural en máis de 20 vilas e cidades situadas no Camiño de Santiago

07/06/22 | 15:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta participa na presentación do Fisterra Blues Experience 2022 que terá lugar durante esta fin de semana no marco dos concertos do Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do festival “Fisterra Blues Experience 2022”

07/06/22 | 13:59 | C. de Economía e Industria

Gabriel Alén destaca a aposta da Xunta de Galicia pola dinamización turística da provincia de Ourense

O delegado territorial explicou que que a Xunta de Galicia e o Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) asinaron un convenio de colaboración para a promoción, dinamización e fomento da riqueza da provincia de Ourense por un importe total de 93.876 euros, dos que o Goberno galego aporta 70.000 euros a través da Axencia Turismo de Galicia

07/06/22 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Bono Turístico ‘Quedamos en Galicia 2022’ ten adheridos 32 establecementos nas comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal

Estas axudas inxectaron preto de 160.000 euros nos negocios da zona durante a pasada convocatoria

04/06/22 | 14:01 | A Presidencia da Xunta

Rueda invita a camiñar a Galicia neste segundo Ano Xacobeo para consolidar a recuperación turística co impulso do AVE e dos visitantes internacionais

Asevera que a campaña turística para este 2022 volve apostar polo mellor que ten Galicia: a súa propia terra; “ensinamos o mellor de Galicia no mellor momento para facelo e no momento máis necesario”, di