Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Xosé Monteagudo recolle o XV Premio de Narrativa Breve Repsol pola súa novela ‘Eternity’
O secretario xeral de Política Lingüística participou no acto de entrega en que se presentou a obra gañadora, editada por Galaxia
Preto de 5.000 persoas estudan portugués de forma oficial en Galicia, case cinco veces máis que cando entrou en vigor a Lei Paz Andrade
O secretario xeral de Política Lingüística presentou no Parlamento o informe anual de seguimento desta lei para o aproveitamento dos vínculos coa lusofonía
Unha novela sobre o autismo, gañadora do I Premio Asubío pola inclusión co que colabora a Xunta
A novela ‘Palabras de pedra’, de Ginés Cruz Zamora, será publicada por Hércules Ediciones en galego e castelán o vindeiro maio
A Xunta fomenta o uso da lingua galega coa campaña ‘Saca o galego que levas dentro’
Trátase dunha acción itinerante que comeza na Coruña e Ferrol e que pasará polas rúas das catro provincias galegas
Os Bolechas participan un ano máis na programación de Nadal da Xunta de Galicia
Os monecos percorrerán os concellos de Santa Comba, Vimianzo, Abadín, Verín, Viana do Bolo, Negreira, Trazo e As Pontes de García Rodríguez
A Xunta impulsa a reforma e acondicionamento da casa natal de Losada Diéguez en Boborás para reforzar o seu legado e facelo máis accesible
Salienta que o Goberno autonómico dá resposta ao seu compromiso por manter viva a traxectoria dos autores galegos a través dunha rede museística “sólida e xenuína así como fomentando as actividades que estendan o seu traballo entre os máis novos”
Budiño finaliza a súa xira ‘Fulgor’ cun concerto especial na Catedral de Ourense da man da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística participa hoxe na presentación deste concerto especial despedida que terá lugar mañá ás 21,00 horas
A serie documental infantil 'Dic, dac, docs' pode verse desde hoxe no Portal da Lingua Galega da Xunta
O secretario xeral de Política Lingüística presenta os cinco capítulos de proposta didáctica para a aprendizaxe que forma parte do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo
Volve medrar o número de alumnos que estudan galego no Bierzo e Sanabria ata os 1115
O secretario xeral de Política Lingüística participou xunto cos representantes da Junta de Castela e León na reunión anual de seguimento do protocolo entre ambas comunidades para a promoción da lingua galega
O Centro Dramático Galego comeza a ensaiar ‘A peste’ con dirección de Cándido Pazó para a súa estrea en xaneiro
O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle xa o equipo que porá en escena o espectáculo inspirado na novela de Albert Camus