Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

11/11/22 | 14:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as primeiras actuacións do Plan de mellora da seguridade e accesibilidade das paradas de autobús nas estradas autonómicas, ao que destina 35,5 M€

Ethel Vázquez explica que o Plan suporá actuar nun total de 1.105 paradas de autobús da Xunta, reforzando a seguridade, o seu equipamento e a mobilidade na contorna
 

11/11/22 | 14:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta afronta a fase final da mellora do firme na estrada PO-548, que conta cun investimento de 1,5 M€ e beneficia a Pontecesures, Valga, Catoira e Vilagarcía

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, acompañado polo alcalde de Catoira, Alberto García, supervisou esta mañá esta actuación a prol da seguridade viaria no Salnés e O Ullán, que comezou no verán
 

11/11/22 | 14:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará o luns unha nova campaña de inspeccións en máis de 2.100 liñas de transporte compartido para garantir a prestación duns servizos que respondan ás necesidades dos usuarios

Ignacio Maestro sinala que as inspeccións na estrada coa colaboración da Garda Civil de Tráfico, permitiron controlar só neste ano 1.173 expedicións
 

11/11/22 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca a conexión ferroviaria de Punta Langosteira como un logro colectivo e chama a debater sobre o futuro dos peiraos interiores

Salienta a implicación e o empeño postos pola Xunta no impulso do tren ao Porto Exterior da Coruña, que se completa e se dota así de plena funcionalidade
 

11/11/22 | 13:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta celebra a disposición do empresariado de Galicia, Asturias e Castela e León a liderar a reivindicación dun plan director do Corredor Atlántico e dun transporte competitivo para o noroeste

O Goberno galego e as asociacións de empresarios do noroeste demandan un Comisionado do Corredor Atlántico que ofreza a interlocución necesaria co territorio, así como a súa inclusión no plan de autoestradas ferroviarias

11/11/22 | 12:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca un investimento de preto de 845.000 € para mellorar a eficiencia enerxética do colexio Infante Felipe de Borbón, en Salvaterra

Lembra que a Xunta está a deseñar un plan para optimizar o consumo e avanzar no compromiso co benestar da comunidade educativa e o medio ambiente

10/11/22 | 14:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 200.000 euros as obras para dotar dun novo sistema terciario a depuradora de augas residuais da Pobra do Caramiñal

Os traballos contan cun prazo de execución de 3 meses e teñen como obxectivo optimizar e incrementar as posibilidades de tratamento das augas da depuradora
 

10/11/22 | 14:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 270.000 euros a execución do ‘by-pass’ no río Anllóns, en Carballo, co obxectivo de minimizar o risco de inundacións

A intervención, que conta cun prazo de execución de 6 meses, mellorará a capacidade hidráulica do río ao seu paso pola zona de Muíño do Quinto
 

10/11/22 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comunica ao Concello de Vigo que abrirá a nova estación de autobuses o vindeiro 5 de decembro coincidindo coa apertura do túnel de Lepanto e o fin das obras do HALO

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, agarda que o Goberno municipal desbloquee os accesos a finais de novembro
 

09/11/22 | 19:46 | C. de Sanidade

A Xunta inviste máis de 80 millóns de euros no que vai de lexislatura para ampliar as instalacións e mellorar o equipamento do Hospital de Ourense

O conselleiro de Sanidade informou no Parlamento do inicio, este mes, das obras da nova Unidade de Medicina Nuclear e, antes de final de ano, das da nova Unidade de Críticos de Ourense