Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

07/08/22 | 11:00

O prazo de solicitude das axudas para contratar a máis de 500 persoas desempregadas en entidades sen ánimo de lucro segue aberto ata o 22 de agosto

A Xunta destina 8,5 millóns de euros a esta iniciativa coa que prevé apoiar a unhas 150 organizacións

06/08/22 | 10:00 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta impulsa a inclusión educativa e laboral da poboación xitana a través dun convenio de colaboración coa fundación Secretariado Xitano

Financiará con 66.000 € actuacións para previr o abandono escolar, fomentar os estudos superiores e favorecer a inclusión no mercado de traballo dos 13.000 xitanos galegos

03/08/22 | 16:25

O informe Impacto de Xénero no Camiño da Xunta reflicte a alta presenza de mulleres cun 51,16% de participación en 2019 e un 52,1% neste primeiro semestre

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, presentaron hoxe en Pontevedra as principais conclusións deste documento e a liña de axudas a albergues privados
O Camiño Portugués foi o que máis mulleres peregrinas acumulou entre 2013 e 2021, o período analizado polo informe, cun 53,96%

02/08/22 | 20:45 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca o carácter inclusivo do Camiño de Santiago

Os peregrinos chegaron esta tarde á praza do Obradoiro tras percorrer un tramo da ruta do norte

31/07/22 | 11:31

A Xunta reforza a súa colaboración coa Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia para garantir unha atención integral ás vítimas de violencia de xénero

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade apoia con 20.000€ as medidas que a entidade mantén para ofrecer unha atención adaptada ás necesidades das mulleres xordas e xordo-cegas

27/07/22 | 16:15

A Xunta referenda o seu compromiso na defensa dos dereitos das persoas LGTBI nunha xuntanza con representantes de Alas Coruña

A secretaria xeral da Igualdade lembrou que Galicia é referente na inclusión plena do colectivo ao contar cunha lei pioneira e un observatorio contra as discriminacións

26/07/22 | 14:52

Lorenzana despide á primeira promoción do curso universitario de igualdade nas relacións laborais cunha aposta pola formación para “o cambio”

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe o I curso co que aspira a brindar ao tecido empresarial e sindical coñecementos necesarios en materia de igualdade laboral

25/07/22 | 10:30

As axudas para a contratación de mulleres vítimas da violencia de xénero en entidades sen ánimo de lucro poden solicitarse ata o 1 de agosto

Este programa de apoios impulsado por segundo ano consecutivo pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade permitiu incorporar o ano pasado 32 mulleres a 22 entidades beneficiarias

22/07/22 | 15:21

A Xunta destaca a importancia da continuidade do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero despois de que Galicia solicitara a súa prórroga

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Santa Cruz de Tenerife na Conferencia Sectorial de Igualdade na que se acordou por unanimidade, coa abstención de Asturias, a permanencia das políticas públicas e servizos que se derivan deste Pacto

22/07/22 | 12:08

A Xunta abre ás suxestións da cidadanía o proxecto de lei para a igualdade efectiva entre mulleres e homes

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade abre desde hoxe e ata o próximo 12 de agosto o prazo público para recibir as achegas ao proxecto de particulares, entidades, empresas ou administracións a través do portal da transparencia