Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

01/11/22 | 14:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta recupera o retablo do século XIX da igrexa de Santa María de Macendo en Castrelo do Miño

Os traballos impulsados polo Goberno galego centráronse en reparar os danos estruturais e en recuperar a policromía nas zonas máis deterioradas

01/11/22 | 10:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora con 30 museos europeos e nacionais para despedir o Ano Santo coa maior exposición deste Xacobeo que explora o binomio arte e desprazamento

‘Camiños creativos’ será unha das principais citas expositivas deste outono en España e inaugurarase en novembro no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura
 

31/10/22 | 16:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
31/10/22 | 13:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Vimianzo presenta ‘A Costa da Vida’ para a dinamización sociocultural das súas parroquias dentro do programa da Xunta Territorio Cultura

O proxecto do Concello vimiancés forma parte da quincena de propostas adxudicatarias da primeira convocatoria deste fondo, a través do que se investirá preto de 1,3M€ na ampliación e diversificación da oferta cultural en zonas non urbanas
 

30/10/22 | 11:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre este mércores 2 de novembro o prazo para descargar o Bono Cultura

Poranse en circulación 20.000 vales que calquera persoa maior de idade poderá obter na web bonocultura.gal e empregar ata o 31 de decembro

29/10/22 | 20:35 | A Presidencia da Xunta

Rueda cualifica o proxecto de Alta Velocidade entre Galicia e o Norte de Portugal como estratéxico para o futuro da Eurorrexión

Insta ao Goberno de España a que no XXXIII Cumio Ibérico, que se celebrará o 4 de novembro en Viana do Castelo, adquira compromisos sobre o AVE entre Vigo e Porto “máis alá das promesas”

29/10/22 | 14:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Dramático e Ainé clausuran o FIOT de Carballo no inicio da xira de ‘Recortes, caneos e outras formas de driblar’ por unha decena de escenarios

O espectáculo dirixido por Tito Asorey represéntase no Pazo da Cultura carballés o vindeiro luns cunha función inclusiva tras a súa estadía no Salón Teatro de Santiago, onde ofreceu 21 funcións que congregaron máis de 4500 espectadores

28/10/22 | 14:32 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recoñece os mellores traballos en fotografía e artes plásticas do Xuventude Crea 2022

A ourensá Yael de Lorenzo Lamas coa obra ‘Mocidade’ e a proposta escultórica ‘Co-merse o mundo’ do estradense Iago Fernández Díaz foron os vencedores desta edi-ción
 

28/10/22 | 10:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor presenta o concerto de Fito&Fitipaldis que terá lugar no Palacio da Ópera este sábado no marco da programación do Xacobeo

Trenor destacou que “todos os seguidores deste grupo e os amantes da boa música terán unha ocasión única para ver a esta banda nun formato especial moito máis íntimo e próximo ao público”