Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

29/08/22 | 14:50 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda solicita que as empresas galegas poidan beneficiarse da “oportunidade única” que supón o Perte agroalimentario

Apela a que non se deixe fóra a grandes empresas galegas, como sucedeu cos Perte doutros sectores

29/08/22 | 12:28 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza en Boqueixón unha acción de formación profesional e adquisición de competencias en lexislación de benestar animal

O curso empezará este próximo sábado 3 de setembro e levarase a cabo no Centro de Formación e Experimentación Agraria de Sergude

29/08/22 | 11:43 | C. do Medio Rural
29/08/22 | 11:25 | C. do Medio Rural

A Xunta notifica dous casos de gripe aviaria en animais silvestres recollidos en Galicia

A detección realizouse en dous individuos de mascato (alcatraz atlántico), no marco do Plan de Vixilancia da Influenza Aviaria en Galicia
 

28/08/22 | 12:46 | C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a calidade e a variedade dos viños e dos espumosos do Condado do Tea, que non deixan de conquistar novos mercados

Subliña o éxito das variedades desta subzona da D.O. Rías Baixas, “unha terra mimada para o cultivo do viño polo coidado de 1.500 viticultores”

26/08/22 | 11:00 | C. do Medio Rural

A Xunta promoverá os produtos de calidade do agro galego no Festival da Luz en Boimorto

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, programou para este evento unha serie de actividades e degustacións de produtos galegos con indicativo de calidade para todos os públicos

23/08/22 | 13:50 | C. do Medio Rural

A Xunta habilita un teléfono de cooperación cidadá para denunciar anonimamente irregularidades no marco do plan de control da vendima

O teléfono, que está a disposición tanto para cidadáns como para profesionais do sector, é 988 517 302

23/08/22 | 12:50 | C. do Medio Rural

A Xunta declara tres novas aldeas modelo en Vilariño de Conso, Avión e Ames no marco da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

A aldea de Soutogrande, en Vilariño de Conso, ten unha superficie de 33,50 hectáreas; a de Cortegazas, en Avión, abrangue 15,11 ha; e a de Ferreiros, en Ames, conta con 8,55 hectáreas

20/08/22 | 11:26 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Larouco avanzan na posta en marcha dunha aldea modelo e dun polígono agroforestal no marco da Lei de recuperación da terra

A aldea modelo -en fase de recollida de sinaturas- permitirá a posta en valor de 34,17 hectáreas arredor do núcleo de Santa Mariña de Seadur, co obxecto de fixar poboación e de xerar riqueza ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais
 

20/08/22 | 10:45

A Xunta pon en marcha un programa pioneiro para o seguimento da poboación de cabalos de Sálvora

Unha decena de animais presentes na illa foron equipados cun emisor GPS que permite localizar a súa posición exacta cada 10 minutos, información que se utiliza para optimizar o seu manexo e medir posibles impactos sobre a vexetación