Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Galicia rexistra un total de 5.641 casos activos por coronavirus
Un total de 51.373 pacientes xa están curados
A Xunta investirá 83 millóns de euros no Plan de saúde mental poscovid-19
Este orzamento permitirá a incorporación de 241 novos profesionais e o incremento do número de unidades e programas para a atención sanitaria aos trastornos mentais
A Xunta inviste 1,2 M€ nun 'seguro coronavirus' que estará a disposición dos turistas que veñan a Galicia
Rueda explica que entrará en vigor a partir do primeiro trimestre de 2021 e cubrirá todos os custos médicos, cirúrxicos, farmacéuticos e de hospitalización no caso de infección por covid-19
Galicia contará cun equipo con máis de 200 profesionais de enfermería para coordinar a vacinación da covid, que na primeira fase inmunizará a máis de 40.000 persoas de colectivos prioritarios
“Arredor de 22.000 usuarios das residencias de maiores e de atención a grandes dependentes, uns 17.000 traballadores destes centros sociosanitarios e uns 3.000 traballadores sanitarios que están en primeira liña”, avanza o vicepresidente primeiro
Galicia rexistra un total de 5.618 casos activos por coronavirus
Un total de 50.993 pacientes xa están curados
A Xunta recomenda que as xuntanzas de Nadal se cingan exclusivamente a unha única unidade familiar de conviventes
De non ser posible, as autoridades sanitarias aconsellan non superar a cifra de dúas unidades familiares
Galicia rexistra un total de 5.653 casos activos por coronavirus
Un total de 50.555 pacientes xa están curados
O conselleiro de Sanidade remarca a importancia da colaboración e da suma de esforzos entre institucións do eido da ciencia, da innovación e do coñecemento
No mesmo foro sobre Biomedicina, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destacou que as universidades son o maior axente de investigación de Galicia, dado que enmarcan máis do 60% do persoal investigador da comunidade autónoma
O Sergas presenta aos sindicatos o calendario de próximas convocatorias e exames OPE
Ademais, a Mesa sectorial de Sanidade aprobou por unanimidade, ampliar en máis do dobre, o número de prazas convocadas no concurso-oposición de acceso para o persoal médico especialista, acadando un total de 996 prazas
Sanidade fai un chamamento ás persoas de 65 ou máis anos e á poboación diana da campaña da gripe que non se vacinou, para que solicite a vacinación no seu centro de saúde
Sanidade xa superou o obxectivo de vacinación do persoal sanitario, e está preto de acadalo nas persoas de 65 ou máis anos