Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

05/12/20 | 13:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Ledicia Costas, Xurxo Lobato, Fegatea, aCentral Folque, Chema Prado, Xosé González, Fundación Penzol e Ildiko Szijj, Premios da Cultura Galega 2020

O xurado, presidido polo conselleiro de Cultura e Educación, reuniuse hoxe para distinguir os galardoados nas modalidades de Letras, Artes Plásticas, Artes Escénicas, Música, Audiovisual, Lingua, Patrimonio Cultural e Proxección Exterior

05/12/20 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura achega as técnicas tradicionais da pandeireta a 30 músicos afeccionados da man de Xabier Díaz

Xabier Díaz, un dos nomes máis recoñecidos da música de raíz galega, destaca polo seu traballo de recuperación e investigación do repertorio tradicional

05/12/20 | 11:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha os traballos de roza e limpeza nos petróglifos de Mouchos e da Forxa Vella en Rianxo

En conxunto, son catro afloramentos rochosos nos que se poden ver un extraordinario conxunto de gravados e combinacións circulares

04/12/20 | 18:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca o labor fundamental das bibliotecas públicas no fomento da lectura

A Consellería de Cultura publica anualmente o Calendario do Libro e da Lectura para animalas a celebrar actividades arredor das principais datas e efemérides

04/12/20 | 16:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta investirá 9,6 M€ para aumentar a capacidade das empresas culturais a través dun hub que funcione como punto de encontro

Foi anunciado hoxe polo director da Agadic, Jacobo Sutil, que compareceu no Parlamento para avanzar as liñas de actuación do seu departamento en 2021

03/12/20 | 20:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta expón no Museo do Mar de Galicia as 'Crebas' de Manuel Sendón

Anxo M. Lorenzo salientou o compromiso da Xunta coa dinamización da cultura no contexto da pandemia

03/12/20 | 15:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta anima a reforzar a divulgación internacional de Pardo Bazán no congreso que se celebrará en setembro na Coruña

A cita conta co apoio do Goberno autonómico e reunirá a preto dun centenar de especialistas que analizarán a vida e obra da autora de xeito multidisciplinar

03/12/20 | 12:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Sala Ártika de Vigo estrea o proxecto ‘Cambio de foco’ en coprodución co Centro Dramático Galego

A Xunta, a través do CDG, contribúe esta temporada á produción de tres propostas noutros tantos espazos creativos vigueses, entre os que tamén se atopan Nononon.lab e Teatro Ensalle

03/12/20 | 11:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convida ás familias a gozar dun Nadal no Gaiás cunha grande árbore interactiva e con música ao vivo e en streaming

Os visitantes ao Museo Gaiás activarán as luces e música da árbore ‘Stellae’, da artista visual Marta Villaverde, a través da lanterna dos seus dispositivos móbiles