Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 500 novas da área temática Xuventude:

26/03/22 | 12:00 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García sinala que o 60% dos 200 mozos que participaron no Xuventude Mentoring encontraron traballo ou están a ampliar a súa formación

Nesta primeira edición adheríronse ao programa 20 entidades e participaron preto de 150 mentores que apoiaron e asesoraron ás mozas e mozos na transición ao emprego

25/03/22 | 15:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta o programa Primavera Xove 2022 para ofrecer alternativas de ocio seguro para a xuventude

Este programa realizouse por vez primeira o ano pasado e permite dar alternativas ás mozas e mozos de entre 14 e 18 anos durante os meses de abril e maio

24/03/22 | 16:30 | A Presidencia da Xunta

A Xunta aproba o programa Talento 30 para incentivar a contratación de menores de 30 anos desempregados con achegas de ata 20.000 € por persoa contratada

Feijóo salienta que este novo programa contará cun orzamento de 12,2 M€ para os anos 2022 e 2023 e pretende chegar a entre 600 e 900 mozos

16/03/22 | 15:16 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social habilita un punto de información para a xuventude no campus universitario de Pontevedra

Este informa dos programas, recursos e servizos de interese aos estudantes das universidades galegas

15/03/22 | 12:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias: “A xente nova está especialmente concienciada cos temas de consumo e a tarificación eléctrica”

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou hoxe nos actos organizados no Mercado das Travesas con motivo do Día Mundial dos Dereitos das Persoas Consumidoras

14/03/22 | 12:54

A Xunta destinará este ano máis de 1,5 M€ en axudas para que os mozos galegos poidan mercar a súa vivenda en concellos de menos de 10.000 habitantes

A nova convocatoria prevé subvencións por un importe máximo de ata 10.800 euros co fin de favorecer o asentamento de persoas menores de 35 anos en municipios destas características, que no caso de Galicia son 257

11/03/22 | 18:27 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social mellora o alumeado do campo de fútbol do campamento xuvenil da Devesa

Destinará 20.000 euros para desenvolver un proxecto de mellora lumínica, que tamén permitirá ceder esta zona para o seu uso temporal ao Ribadeo F.C.

11/03/22 | 11:37

Lorenzana anima á mocidade reunida no I Torneo Internacional de Debate BP Compostela a loitar pola igualdade entre mulleres e homes os 365 días do ano

A conselleira de Emprego e Igualdade inaugurou cun vídeo o certame que reúne a 200 mozas e mozos de España, México, Perú, Ecuador e Chile no Pazo de Quián (Boqueixón)