Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

29/12/21 | 14:58

A Xunta insta ao Goberno central a buscar unha solución para resolver a situación dos inquilinos dos inmobles da Sareb

Heriberto García lembra que o Estado é propietario do 45% desta sociedade pública e, polo tanto, cumpre o papel de arrendatario

28/12/21 | 16:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola rehabilitación de catro antigas vivendas dos mestres da Lama para alugueiro social cun investimento de 144.000 €

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Jorge Canda, supervisou esta mañá as dúas casas xa rematadas e visitou as obras de restauración doutras dúas emprazadas fronte á casa consistorial no vello bloque escolar da Avenida do Concello

28/12/21 | 14:49

O Casco Vello de Vigo adquire por primeira vez catro inmobles na rúa Alta do barrio histórico

A presidenta do CCVV e delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, informa da compra conxunta por valor de 275.000 euros dos números 8, 10, 12 e 14

26/12/21 | 12:30

A Xunta e a Federación de Empresas de Rehabilitación de Vivendas colaborarán para difundir entre o sector as condicións de acceso as axudas dos fondos europeos

O director do Instituto Galego da Vivenda e Solo avisa de que todas as vivendas terán que contar co certificado de eficiencia enerxética antes de poder solicitar as axudas

26/12/21 | 12:30

A modificación do PXOM de Tui na zona de San Bartolomeu finaliza o trámite ambiental

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático acaba de emitir o informe ambiental estratéxico sobre a nova ordenación proposta polo Concello, no que conclúe que resulta ambientalmente máis favorable que a actual

22/12/21 | 18:20

A Xunta reformula o programa de vivendas baleiras para ofertar fogares nos concellos con maior demanda e dar seguridade aos propietarios

Ángeles Vázquez insiste en que sobre todo as sete cidades, onde hai maior número destes inmobles, deben implicarse de forma directa

20/12/21 | 14:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia dúas novas vivendas na fachada marítima do Berbés, no número 39 desta rúa

A presidenta do CCVV e delegada territorial da Xunta en Vigo formalizou este luns o contrato de compravenda cos 12 propietarios do inmoble

19/12/21 | 11:26

A Xunta financia con 60.000 € a humanización da praza da Verdura e a adquisición dunha vivenda na Merca

O Concello accede a un crédito sen xuros que poderá devolver ao Instituto Galego da Vivenda e Solo en oito anos

16/12/21 | 21:01 | A Presidencia da Xunta

Feijóo resalta que a Xunta acaba de prorrogar o convenio do Consorcio Casco Vello de Vigo no que leva investidos 29 M€

Lembra ademais que Vigo é o concello galego que recibiu máis fondos da Xunta este ano para as súas oito áreas de rehabilitación integral

15/12/21 | 14:15 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta rehabilita unha ducia de vivendas en Ferrol e Viveiro para promover a integración de familias desfavorecidas

O convenio asinado entre ambos departamentos do Goberno galego facilitará o acceso a un fogar a persoas en situación de vulnerabilidade