Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 288 novas da área temática Urbanismo:

08/06/21 | 12:17 | Secretaría Xeral de Emigración

Dous emigrantes galegos retornados desenvolven proxectos laborais no concello de Cualedro apoiados pola Xunta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaron esta mañá o concello ourensán

07/06/21 | 14:58 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda traslada o apoio de Emigración pola difusión da cultura galega a través do Festival Internacional Rebulir 2021

O secretario xeral da Emigración mantivo hoxe un encontro con Alexandre Sotelino Losada, director artístico do evento

02/06/21 | 17:00 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda plantea na reunión da Ciudadanía Española Global que a diversidade de España e da súa cidadanía no exterior son as súas grandes fortalezas no actual mundo globalizado

O secretario xeral da Emigración trasladou a necesidade dunha regulación específica e actual do retorno que afronte a realidade das problemáticas dos españoles do exterior como son a homologación de títulos ou a regularización dos familiares dos retornados sen nacionalidade española

31/05/21 | 14:39 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración destaca o éxito do obradoiro de lingua e cultura galega en liña desenvolvido nos últimos meses na aula Galiciaaberta

As sesións contaron con máis de 200.000 visualizacións, sendo especialmente seguido en Arxentina, Brasil, Uruguai, Estados Unidos, Suíza, México e, en España, en Madrid e Cataluña

25/05/21 | 13:23 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración coñece "Kalewa", o proxecto empresarial apoiado pola Xunta dunha galega retornada que diseñou un aparato de pilates único en Europa

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que continúa aberto o novo programa de axudas para emprendedores retornados cun orzamento de 800.000 euros

20/05/21 | 14:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Secretaría Xeral de Emigración

Emigración e Xacobeo reciben ás seis ciclistas do clube 'Una a una' de Oviedo que percorreron o Camiño de Santiago para visibilizar o cancro de mama

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a directora de Competitividade da Axencia de Turismo agardáronas na praza do Obradoiro

19/05/21 | 14:44 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración publica as axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente especialmente derivadas da covid-19

A Secretaría Xeral aumenta a súa dotación este ano co obxectivo de atender aos residentes do exterior que padezan un deterioro grave da súa situación social e económica a causa da pandemia, pasando dos 200.000 euros de 2020 aos 500.000

15/05/21 | 10:00 | Secretaría Xeral de Emigración

A convocatoria de bolsas BEME da Secretaría Xeral da Emigración para que galegos do exterior poidan facer mestrados nas universidades galegas obtén o maior número de solicitudes da súa historia

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que 687 universitarios galegos interesáronse por estas bolsas, aínda que finalmente foron 470 os que pecharon a súa tramitación, un 55% máis que o ano anterior

14/05/21 | 14:23 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración colaborará coa Fundación Ronsel para a posta en marcha do programa “Merlo” de mentores para emprendedores galegos retornados

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e Luís García Deber, vicepresidente da entidade, firmaron hoxe un convenio co obxectivo da posta en marcha desta iniciativa que apoiará e acompañará aos galegos retornados no desenvolvemento e consolidación dos seus emprendementos