Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 235 novas da área temática Portos:

20/01/21 | 15:27

Portos de Galicia coordina coa confraría de pescadores de Cambados a reordenación do peirao de Tragove

A presidenta do ente público mantivo unha reunión de traballo co patrón maior na que lle informou tamén da licitación do proxecto de ampliación da lonxa

02/01/21 | 12:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a iluminación do porto do Vicedo coa introdución de máis puntos de luz e tecnoloxía LED

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que a actuación achega maior seguridade tanto para o acceso peonil e rodado como para a circulación dentro da dársena

15/12/20 | 12:54

Galicia aposta polo uso das novas tecnoloxías nas lonxas e portos para impulsar o desenvolvemento do sector pesqueiro

Máis de 20 lonxas galegas realizaron preto de 67.000 poxas dixitais nas que se xestionaron arredor de 7,5 millóns de quilos de produtos do mar por un importe de venda que roldou os 26,5 millóns de euros

11/12/20 | 21:00 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anima á Autoridade Portuaria de Vigo a seguir apostando pola cidade, pola automoción, polo incremento do tráfico de materiais metalúrxicos e pola pesca

Afirma que para acadar estes obxectivos a institución portuaria contará coa colaboración activa do Executivo autonómico

11/12/20 | 18:57 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca os novos retos da autoridade portuaria de Vilagarcía de Arousa para seguir facendo un porto máis operativo e eficiente

Para acadar estes obxectivos asevera que esta institución portuaria seguirá contando coa colaboración activa da Xunta

11/12/20 | 14:03 | A Presidencia da Xunta

Feijóo refírese á finalización das obras do tren a Caneliñas como un dos retos clave da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

Asevera que a Xunta está moi pendente de Alcoa, á espera de coñecer a resolución do TSXG sobre a impugnación do ERE e recorda que se as portas do diálogo seguen pechadas, non haberá outra posibilidade que a intervención por parte das autoridades do Estado.

11/12/20 | 13:05 | A Presidencia da Xunta

Feijóo expón a unión por ferrocarril do Porto Exterior como un "desafío inaprazable"

Sobre a situación financeira da Autoridade Portuaria, subliña que, do mesmo xeito que o Goberno, a Xunta e o Concello chegaron a acordo en 2004, temos a obriga de volver a retomar eses acordos e selalos de novo para evitar a quebra

04/12/20 | 16:07

Portos de Galicia activa en fase de probas un sistema de previsión de correntes na comporta de Malpica

O ente público remite hoxe por primeira vez á confraría os datos orientativos sobre a conveniencia de uso da instalación

04/12/20 | 10:47

Portos de Galicia inclúe nos orzamentos de 2021 novas bonificacións aos usuarios por importe dun millón de euros ante a crise da covid-19

O ente público só liquidará o 50% da taxa de ocupación de espazos portuarios ás concesións que contemplen usos hostaleiros, exime de pago ás terrazas e conxela as de recollida de residuos Marpol