Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 344 novas da área temática Pesca:

05/11/21 | 12:24 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta a importancia da aceleradora do sector loxístico galego para impulsar proxectos de valor capaces de atopar o seu espazo no mercado

O director do Igape, Fernando Guldrís, participa na xornada de presentación dos 17 proxectos preseleccionados para formar parte da Cologistic Business Acelerator, impulsada no marco do proxecto europeo CoLogistics

25/10/21 | 15:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta presenta en Ifema o Polo Aeroespacial de Galicia no principal congreso a nivel mundial sobre xestión de tráfico aéreo

A Axencia Galega de Innovación participa na feira Expodrónica e o World ATM Congress cun stand do Polo Aeroespacial, un espazo no programa do congreso para a presentación das solucións desenvolvidas no marco da iniciativa e a participación na mesa redonda sobre propostas para a Estratexia Aeroespacial Nacional

22/10/21 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adapta a partir do luns os horarios dos autobuses entre O Barco de Valdeorras e A Gudiña para coordinalos cos servizos de tren a Madrid

Os veciños da zona disporán dun autobús con saída do Barco de Valdeorras ás 6,50 horas, adaptado ao tren que pasa pola Gudiña ás 8,24 horas

21/10/21 | 15:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presentaralles aos concellos unha proposta completa de mellora das conexións de autobús entre A Coruña e Ferrol

Ignacio Maestro destaca que a Xunta esixiu solucións inmediatas á concesionaria para atender a repunta de usuarios derivada do inicio do curso escolar, o incremento da mobilidade laboral e das vantaxes que supoñen os bonos e a tarxeta Xente Nova, coa que viaxan de balde máis de 36.000 menores de 21 anos nestas áreas

20/10/21 | 17:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta aborda cos concellos da comarca do Barbanza o reforzo dos servizos de autobús que conectan a bisbarra con Santiago de Compostela

Proponse a creación dunha liña con servizos directos entre a comarca e a capital galega, empregando a Autovía do Barbanza e a AP-9 para reducir os tempos de viaxe nas franxas de maior demanda

20/10/21 | 16:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada ao Ministerio de Transportes a súa preocupación ante o anuncio de implantación do pago por uso das autovías e urxe transparencia e diálogo coas autonomías

A Consellería de Infraestruturas insiste na necesidade de que o Goberno de España concrete o modelo de pago por uso de autovías que prevé implantar e teña en conta a súa repercusión nos territorios periféricos e no transporte de mercadorías

19/10/21 | 15:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da estación de autobuses do Grove

Os traballos, cun prazo de execución de dous meses, suporán un investimento autonómico de máis de 48.000 euros

19/10/21 | 15:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén repasa cos empresarios de San Cibrao os recentes investimentos da Xunta nesta área empresarial

O delegado territorial da Xunta en Ourense trasladoulle, entre outras actuacións, que a Xunta licitará este ano as obras para a construción dun tanque de tormentas no polígono empresarial no que o Goberno galego investirá preto de 300.000 euros

01/10/21 | 12:44

A Xunta inicia o procedemento ambiental do apartadoiro ferroviario da Plisan

Este equipamento terá conexión directa coa liña ferroviaria Monforte-Ourense-Vigo e, a través dela, co porto de Vigo

23/09/21 | 16:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Máis de 101.500 menores de 21 anos viaxan de balde coa Tarxeta Xente Nova da Xunta, que desde que se estendeu a toda Galicia incrementou nun 25% a súa expedición

O director salienta que as solicitudes da Tarxeta Xente Nova se multiplicaron por 8 desde o 21 de maio, beneficiándose das viaxes gratuítas 22.000 novos mozos