Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

18/09/22 | 13:43

A Xunta e os tecores abordan posibles melloras nos trámites administrativos que afectan ao sector

Durante a xuntanza tamén falaron sobre cuestións relacionadas co exercicio da actividade cinexética na Comunidade, a próxima tempada de caza e o relevo xeracional

15/09/22 | 14:53 | A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia o impulso da primeira Lei de ordenación do litoral de Galicia co obxectivo de acadar o autogoberno pleno sobre a súa costa

Recalca que o Goberno galego pretende resolver deste xeito os problemas que está a causar a interpretación cada vez máis restritiva da Lei de costas imposta por parte do Estado, o que limita o exercicio das competencias exclusivas nesta materia

14/09/22 | 13:50

A Xunta identifica e cartografía 52 rutas en bicicleta con máis de 2.300 km desde as que desfrutar da paisaxe

Esta guía interactiva conta con fichas descargables cos datos máis importantes como fotografías, mapas, perfís de terreo e a situación dos miradoiros e dos lugares con alto valor paisaxístico
 

13/09/22 | 12:26

A Xunta destina máis de 1,8 M€ para actuacións de restauración, preservación e mellora de espazos da Rede Natura durante os anos 2022 e 2023

Estas subvencións teñen como beneficiarios a concellos, que obteñen un financiamento de algo máis de 1 M€; persoas físicas, que reciben máis 338.000 euros, e entidades, que contarán con preto de 400.000 euros

11/09/22 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta implica a sociedade galega na consecución dos obxectivos do pacto verde europeo a través da Fundación Galicia Europa

O Goberno galego vén de poñer en marcha a Alianza Galega polo Clima para implicar a todos os axentes na transformación necesaria para conseguir a neutralidade climática en 2050 e consolidar a posición de Galicia á cabeza das rexións europeas na loita contra o cambio climático

10/09/22 | 12:00

A Xunta e o Concello de Oza-Cesuras avanzan na tramitación da nova senda do río Mendo

O obxectivo da actuación, cun horizonte de execución bianual, é poñer en valor esta zona do concello desde o punto de vista medioambiental, ao tempo que se explora o seu posible aproveitamento turístico e de ocio

10/09/22 | 11:07

Galicia viviu un verán climatolóxico extremadamente cálido, cos valores medios máis altos da serie histórica

O resumo do informe climatolóxico estacional de MeteoGalicia conclúe que a temperatura media do período se situou 1,6 graos por riba do agardado nesta época, mentres que o volume de precipitacións se moveu dentro da normalidade
 

09/09/22 | 12:18

A Xunta concede 21 axudas por preto de 40.000 € para actuacións de mellora, conservación e divulgación das árbores e formacións senlleiras

Outorga 11 subvencións a 6 entidades propietarias ou particulares e 10 axudas distribúense entre os concellos de Triacastela, Caldas de Reis, Padrón e Oleiros

05/09/22 | 17:04

A Xunta dota á veciñanza de Parada de Sil dun novo espazo público con aparcadoiro e zonas verdes

Esta actuación está recollida no Plan de acción estratéxico da Ribeira Sacra, impulsado pola Consellería, en colaboración cos 30 concellos beneficiarios das provincias de Lugo e Ourense