Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

13/11/22 | 12:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia este luns traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas nas comarcas da Coruña e de Meira

As novas intervencións realizaranse na vía de altas prestacións VG-1.3 ao paso polos municipios de Oleiros, Cambre e Sada; e na LU-751, nos concellos de Ribeira de Piquín e Meira

13/11/22 | 11:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en servizo as tres novas zonas de estacionamento do Hospital Naval de Ferrol, logo dun investimento de 662.000 €

En total, son 266 as novas prazas que se poñen á disposición de traballadores e de usuarios, 8 para persoas con mobilidade reducida

13/11/22 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa o martes Plan de vialidade invernal na provincia de Pontevedra con 89 profesionais e 400 toneladas de fundentes para garantir a seguridade nas vías autonómicas ante as inclemencias do tempo

O plan, en servizo desde o día 15, mobiliza nesta provincia 43 máquinas, entre camións, follas ou esparexedores de sal, para reforzar a seguridade viaria ante os episodios de xeo e neve

13/11/22 | 10:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta activa o Plan de vialidade invernal na provincia da Coruña para garantir a seguridade nas vías autonómicas ante as inclemencias do tempo

O plan, en servizo desde o día 15, mobiliza nesta provincia un dispositivo de 42 máquinas, entre camións, follas ou esparexedores de sal, para reforzar a seguridade viaria ante os episodios de xeo e neve

12/11/22 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mantén o seu compromiso co movemento veciñal con 3M€ en 2023 en axudas ás entidades veciñais e outros 73.000€ á renovación do convenio con Cogave

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, recibiu unha das distincións entregadas hoxe na IX edición dos premios “Crer no movemento veciñal” da Confederación Galega de Asociacións Veciñais “Rosalía de Castro” (Cogave)

12/11/22 | 10:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza na execución da ampliación do Complexo Hospitalario de Ourense, compatibilizando as obras coa recolocación dos espazos e os servizos do hospital

Progrésase no desaloxo do mobiliario, desmonte de teitos e demolición de tabiquerías na planta soto-1 do Materno-infantil e ultímanse os traballos nas áreas das antigas cociñas, cafetería e comedores, para a súa demolición para executar a unidade de Medicina Nuclear
 

12/11/22 | 10:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avánzalle ao alcalde de Laxe que a Xunta redactará o proxecto para darlle continuidade á senda de Serantes

Definirase o trazado de dous novos treitos de itinerario para dar continuidade á senda que se está a construír en Serantes, un cara a Laxe e outro cara a Castrelo, sumando máis de 1 km de lonxitude
 

11/11/22 | 15:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 59.000 euros no reforzo da seguridade en catro puntos do Camiño que coinciden con estradas autonómicas na Fonsagrada

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que as actuacións inclúen a mellora do pavimento, a colocación de valos de madeira ou barreiras de seguridade e a instalación de sinalización que advirte de perigo pola presenza de peóns

11/11/22 | 15:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras para o reforzo da seguridade viaria e a mellora da accesibilidade na estrada OU-536 ao seu paso por Esgos

A actuación supón un investimento de preto de 50.000 € e permitirá dotar o treito comprendido entre os puntos quilométricos 17+090 e 17+200 dun paso peonil regulado con semáforos e beirarrúas en ambas as marxes da vía

11/11/22 | 15:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O colexio de Manzaneda estrea nova pista multideporte ao abeiro do plan de nova arquitectura pedagóxica da Xunta

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita estas instalacións de uso conxunto entre a comunidade educativa e a cidadanía