Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da área temática i+D+i:

15/06/22 | 14:04 | C. de Economía e Industria

A delegada territorial da Xunta visitou o centro emprazado na sede do CIS Tecnoloxía e Deseño, xunto ao seu director, Javier Fernández

A representante do Executivo galego reivindica o papel das instalacións como primeiro centro tecnolóxico de Galicia, especializado no sector naval

10/06/22 | 15:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o potencial de Galicia na oferta de servizos biotecnolóxicos para mellorar a calidade de vida das persoas

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou o Instituto de Estudios Celulares y Moleculares (ICM) en Lugo

10/06/22 | 13:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presenta unha selección de novos materiais galegos no Festival de Innovación Rural da Fundación Cotec en Segovia

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu hoxe á inauguración por parte de S.M. o Rei Felipe VI deste encontro que se celebra na localidade de Otero de los Herreros

07/06/22 | 14:33 | C. de Economía e Industria

O investigador David Glowacki incorpórase á Universidade de Santiago a través do programa Oportunius da Xunta

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou esta mañá no acto de presentación do científico estadounidense, que desenvolverá o seu traballo no Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (Citius)

06/06/22 | 13:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta salienta o papel da ciencia e a innovación para construír a Galicia do mañá, intelixente e sostible

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na presentación do ensaio clínico do primeiro antiviral español contra a covid-19, que xa se está probando en pacientes

04/06/22 | 13:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta promove a importancia da reutilización e do aforro de recursos na creación de novos materiais para a economía circular

A Materioteca de Galicia abre a inscrición nun workshop de carácter híbrido sobre a transformación de materiais que terá lugar o 16 de xuño no CIS Tecnoloxía e Deseño de Ferrol

03/06/22 | 14:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Ordes a innovación como factor clave para medrar en sectores como a distribución

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, e o director do Igape, Fernando Guldrís, visitaron esta mañá a multinacional ordense Internaco, dedicada á distribución de maquinaria forestal, agrícola e de xardinería

01/06/22 | 15:16 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia e DATAlife analizan a madurez dixital do sector primario a través do proxecto transfronteirizo Hiba

Durante o evento, organizado pola Axencia Galega de Innovación e o hub de innovación dixital DATAlife en colaboración con Big Data Value Association e o Clúster TIC Galicia, presentáronse os resultados da diagnose da industria agroalimentaria en materia de dixitalización para plantexar solucións dixitais orientadas ás necesidades do sector

31/05/22 | 14:22 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que o programa Oportunius permite captar e reter en Galicia aos investigadores con maior prestixio da UE

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, sinala que a Xunta apoiará a contratación este ano de dous novos Oportunius, sumando deste xeito 11 desde a posta en marcha da iniciativa

30/05/22 | 14:00 | C. de Economía e Industria

Conde avanza que o 15 de xuño abre a nova convocatoria da BFAero cun enfoque máis internacional e na busca de sinerxías co Polo Aeroespacial de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, visitou esta mañá en Oleiros as instalacións de Aeromedia, empresa galega cunha década de experiencia no sector dos vehículos aéreos non tripulados