Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 323 novas da área temática Formación:

26/12/21 | 12:03

A Xunta apoia con 1,1 millóns de euros os plans de formación e o desenvolvemento de actividades dos sindicatos galegos

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica mañá a convocatoria de axudas anuais ás centrais sindicais con representación en Galicia coas que a Xunta apoia o seu funcionamento, a creación de gabinetes técnicos e a cualificación de cadros e delegados sindicais

17/12/21 | 14:22 | C. de Facenda e Administración Pública

A EGAP reforza o plan de formación para 2022 coa incorporación de 124 novidades respecto ao ano anterior

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presidiu esta mañá o Consello Reitor deste organismo

15/12/21 | 11:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As obras do Centro Galego de Innovación da FP, en Ourense, entran na súa recta final coa previsión de comezar a funcionar en 2022

Román Rodríguez explica que os traballos están executados ao 85% e, unha vez concluídos, a idea é que a partir da primavera se poidan ir asentando os primeiros proxectos

30/11/21 | 11:31 | C. do Medio Rural

A Xunta instrúe os técnicos dos seus centros de coordinación de extinción no marco do Plan de formación do servizo antiincendios galego

A iniciativa, que se desenvolve entre este mes e o que vén, céntrase no estudo das situacións sinópticas previas ao inicio do incendio, na análise dos parámetros do comportamento do lume e nas estratexias precisas para lograr a súa extinción

29/11/21 | 14:24 | C. de Sanidade

A Xunta publica no Portal de Transparencia o proxecto de decreto de ordenación do sistema de formación sanitaria especializada da Comunidade

Ten un triplo obxectivo, regularizar e harmonizar o labor docente dos especialistas e médicos residentes; optimizar a calidade no proceso de formación especializada; e incrementar o número de facultativos na sanidade pública

26/11/21 | 14:34

Gabriel Alén destaca o labor dos obradoiros de emprego na creación de oportunidades no ámbito local

O delegado territorial destacou que este obradoiro, no que a Consellería de Emprego e Igualdade inviste 346.946.00 euros, está a formar a 20 alumnos - traballadores no módulo de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes

09/11/21 | 10:26

A Xunta clausura o obradoiro de emprego Sendas de Burela, Cervo e Xove VII, que continúa xa coa oitava edición

A Consellería de Emprego e Igualdade inviste case 694.000 euros nas dúas iniciativas que se suceden e que mellorarán as perspectivas laborais de 40 traballadores desempregados

08/11/21 | 13:20

A Xunta destaca a recuperación da construción e aposta pola formación continua e especializada deste sector á que destinou máis de 27,5M€ desde 2009

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe en Santiago de Compostela na presentación do Plan formativo para o emprego de persoas desempregadas da Fundación Laboral da Construción para 2021-2022

30/10/21 | 09:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Un total de 3.655 alumnos beneficiáronse das axudas da Xunta para as súas prácticas en centros de traballo e en FP Dual no primeiro semestre do ano

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade destina 800.000€ a compensar aos estudantes os gastos derivados dos desprazamentos para as súas prácticas

22/10/21 | 19:39

A Xunta activará en novembro un plan de formación para o sector servizos no marco do Xacobeo para mellorar a formación dixital de 4.000 profesionais

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe no Parador da Costa da Morte en Muxía no oitavo encontro Xacobeo Peregrinas