Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Dous emigrantes galegos retornados desenvolven proxectos laborais no concello de Cualedro apoiados pola Xunta
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitaron esta mañá o concello ourensán
Miranda traslada o apoio de Emigración pola difusión da cultura galega a través do Festival Internacional Rebulir 2021
O secretario xeral da Emigración mantivo hoxe un encontro con Alexandre Sotelino Losada, director artístico do evento
Miranda plantea na reunión da Ciudadanía Española Global que a diversidade de España e da súa cidadanía no exterior son as súas grandes fortalezas no actual mundo globalizado
O secretario xeral da Emigración trasladou a necesidade dunha regulación específica e actual do retorno que afronte a realidade das problemáticas dos españoles do exterior como son a homologación de títulos ou a regularización dos familiares dos retornados sen nacionalidade española
Emigración destaca o éxito do obradoiro de lingua e cultura galega en liña desenvolvido nos últimos meses na aula Galiciaaberta
As sesións contaron con máis de 200.000 visualizacións, sendo especialmente seguido en Arxentina, Brasil, Uruguai, Estados Unidos, Suíza, México e, en España, en Madrid e Cataluña
Emigración coñece "Kalewa", o proxecto empresarial apoiado pola Xunta dunha galega retornada que diseñou un aparato de pilates único en Europa
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que continúa aberto o novo programa de axudas para emprendedores retornados cun orzamento de 800.000 euros
Emigración e Xacobeo reciben ás seis ciclistas do clube 'Una a una' de Oviedo que percorreron o Camiño de Santiago para visibilizar o cancro de mama
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e a directora de Competitividade da Axencia de Turismo agardáronas na praza do Obradoiro
Emigración publica as axudas para familias galegas do exterior en situacións de emerxencia social urxente especialmente derivadas da covid-19
A Secretaría Xeral aumenta a súa dotación este ano co obxectivo de atender aos residentes do exterior que padezan un deterioro grave da súa situación social e económica a causa da pandemia, pasando dos 200.000 euros de 2020 aos 500.000
A convocatoria de bolsas BEME da Secretaría Xeral da Emigración para que galegos do exterior poidan facer mestrados nas universidades galegas obtén o maior número de solicitudes da súa historia
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, destacou que 687 universitarios galegos interesáronse por estas bolsas, aínda que finalmente foron 470 os que pecharon a súa tramitación, un 55% máis que o ano anterior
Emigración colaborará coa Fundación Ronsel para a posta en marcha do programa “Merlo” de mentores para emprendedores galegos retornados
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e Luís García Deber, vicepresidente da entidade, firmaron hoxe un convenio co obxectivo da posta en marcha desta iniciativa que apoiará e acompañará aos galegos retornados no desenvolvemento e consolidación dos seus emprendementos