Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

02/02/22 | 14:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 356.000 euros as obras para completar e rematar a rede de saneamento na parroquia de Pereiras, no concello de Mos

Este contrato enmárcanse na colaboración entre a Xunta e o Concello para realizar as obras pendentes en toda a zona norte da parroquia e parte da zona sur

02/02/22 | 14:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento da Xunta de 1,7 M€ para garantir unha xestión profesional e innovadora da depuradora municipal da Pobra nos próximos dous anos empregando sistemas de intelixencia artificial

O novo contrato abrangue os traballos necesarios para o óptimo funcionamento da depuradora, que xera 3.000 toneladas ao ano de residuos, incluíndo a retirada de graxas e flotantes, esencial polos vertidos de carácter industrial

01/02/22 | 13:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta impulsa a mellora de tres redes de abastecemento de augas veciñais en Cerdedo-Cotobade cunha achega de case 40.000€

O delegado territorial, Luis López, e o alcalde Jorge Cubela supervisan a actuación realizada no lugar do Outeiro a cargo da Comunidade de Usuarios de San Xurxo de Sacos para garantir a salubridade da auga e reducir as perdas na subministración

26/01/22 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Lousame colaboran na mellora do firme do viario de Sanguiñal a Tállara, que suporá un investimento autonómico de case 100.000 €

O Goberno galego asume o financiamento e o Concello adxudicará as obras na primavera para executalas no verán, cun prazo dun mes

25/01/22 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez confirma a disposición da Xunta a colaborar coa mancomunidade da comarca de Verín e coa Confederación Hidrográfica do Douro para mellorar o saneamento do río Támega

O Goberno galego, a través de Augas de Galicia, elaborará un estudo de alternativas para axilizar o máximo posible os prazos

18/01/22 | 13:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 5,3 M€ as obras de mellora da depuradora de Tragove, que permitirán case duplicar o caudal de tratamento das augas residuais dos concellos de Cambados e de Vilanova de Arousa

Adecuaranse os tratamentos secundario e terciario e incrementaranse os caudais de recirculación, purga e deshidratación de fangos, ademais doutras melloras relacionadas coa obsolescencia de equipos, sistemas e instalacións da actual planta de tratamento

12/01/22 | 15:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita as obras da depuradora de Queiruga, que contarán cun investimento de máis de 1,7 M€

O delegado da Xunta na Coruña e o alcalde de Porto do Son supervisaron a zona na que se vai a levar a cabo a construción da nova depuradora

12/01/22 | 12:36 | C. de Economía e Industria

A Xunta garante o cumprimento estrito dos requisitos urbanísticos, ambientais e técnicos exixidos para toda a actividade que se desenvolva en San Finx

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro con concellos da zona, na que tamén participaron as Consellerías de Infraestruturas e do Mar, para avaliar a situación actual

10/01/22 | 15:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 12 ofertas de empresas para executar as obras de mellora do saneamento en Ver e Boebre, en Pontedeume, cun investimento de case 958.000€

O fin é eliminar os vertidos destes núcleos, para o que se construirá unha estación de bombeo e unha rede de colectores en Ver e unha depuradora en Boebre

30/12/21 | 13:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por case 10,2 M€ o contrato de explotación e mantemento da depuradora dos Praceres, en Pontevedra, para os vindeiros 2 anos

O Goberno galego dá continuidade ao servizo que garante a depuración das augas residuais dos concellos de Marín, Poio e Pontevedra, tendo en conta que Pontevedra é a única gran cidade na que o Concello non xestiona a depuradora municipal