Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O Centro de Formación e Experimentación Agraria Pedro Murias de Ribadeo acollerá preto dunha trintena de alumnos dunha ducia de países para tratar a agrobiodiversidade
A Agrobiodiversity Summer School -unha colaboración na que participa a Universidade de Santiago e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais- desprazarase a este centro dependente da Xunta entre hoxe e o mércores
A Xunta reafirma o seu compromiso a prol do sector gandeiro galego con medidas como o Plan estratéxico do sector lácteo ou o impulso á mellora xenética
O representante da Consellería do Medio Rural puxo en valor avances como a aplicación informática Conta Láctea ou a produción de seme sexado por parte da empresa pública Xenética Fontao
A Xunta reivindica o traballo dos agricultores galegos no marco da Feira do Agro da Limia
Jose González salientou no seu discurso o apoio da Consellería do Medio Rural á produción agropecuaria e á súa calidade, tanto nesta bisbarra como en toda Galicia
Rueda anuncia que a Xunta vai mobilizar máis de 17 M€ en axudas directas, extraordinarias e áxiles para apoiar ao sector cárnico ante a crise de prezos
Subliña que grazas a un acordo coas entidades financeiras os produtores poderán recibir estas contías de inmediato, ata o 15 de setembro
A Xunta organiza en Monforte de Lemos tres obradoiros sobre o funcionamento das instalacións térmicas renovables e a súa adaptación ao sector agrario
Os cursos terán lugar os días 5, 8 e 9 de setembro cunha duración de 4 horas cada un
A Xunta investirá preto de 1 M€ nos proxectos de cooperación da medida Leader entre os anos 2022 e 2023, case o dobre que na convocatoria anterior
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se convocan estas subvencións dirixidas aos grupos de desenvolvemento rural cun importe de 922.000 euros, fronte aos 495.628 euros presupostados na última convocatoria
A Xunta publica as guías de ordenación produtiva cos usos máis idóneos para as aldeas modelo de Osmo en Cenlle e de Muimenta en Carballeda de Avia
Os produtores interesados en incorporarse a algunha destas aldeas poden consultar as guías nos taboleiros de anuncios dos concellos pertinentes ou na Axencia Galega de Desenvolvemento Rural
A Xunta organiza en Vilalba un curso de formación complementaria á análise sensorial dos queixos galegos con denominación de orixe protexida
A acción formativa terá lugar os días 5 e 7 de setembro na Asociación de Empresarios Sete Pontes, en Vilalba
A Xunta pon en marcha unha oficina para informar dos avances na mellora e modernización do regadío da Limia aos propietarios das parcelas e ás comunidades de regantes
Inés Santé sinalou que poderán achegarse os propietarios de predios xa adheridos ao regadío, os interesados en incorporarse e -en xeral- os que estean de acordo coa posta en marcha de polígonos agroforestais que facilitarán as obras de ampliación
A Xunta organiza en Xinzo de Limia unha xornada de campo sobre o uso de antixerminante na pataca
A acción formativa terá lugar o vindeiro mércores no campo de ensaios do centro de desenvolvemento agrogandeiro desta localidade ourensá