Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

28/01/21 | 12:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CDG publica o texto do espectáculo ‘O charco de Ulises’ na súa colección editorial ‘O papel do teatro’

Recolle a versión en galego da obra escrita por Santiago Cortegoso que estreou a compañía pública o pasado 14 de xaneiro

26/01/21 | 14:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Tres centros escolares da Laracha, Carballo e Narón gañan o certame de curtas de animación da Xunta 'Nós tamén creamos!'

Os traballos dos CEIP Otero Pedrayo, San Luís Romero e Virxe do Mar resultaron vencedores do certame promovido en colaboración coa CRTVG e OQOeditora

25/01/21 | 13:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A emisión en liña da obra do CDG 'O charco de Ulises' acada 800 conexións desde 18 países e catro continentes

Á transmisión do espectáculo seguiu un coloquio en ‘streaming’ no que o equipo artístico puido responder as preguntas achegadas polo público en tempo real

24/01/21 | 09:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destina 550.000 euros para axudar aos concellos a mellorar a oferta das súas bibliotecas e axencias de lectura

O Diario Oficial de Galicia publicou a nova convocatoria coa que o Executivo galego apoia o investimento en novidades editoriais en galego nestes centros

22/01/21 | 18:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa un musical, un cómic e unha exposición ao redor de Don Gaiferos

Desde hoxe e ata o 25 de febreiro, o Museo das Peregrinacións acollerá unha exposición con marionetas, fíos e decorados ao redor desta figura

22/01/21 | 14:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura leva tamén á rede a quinta edición do Festival Pequefilmes con 49 curtas infantís de 18 paises

A directora xerente da Cidade da Cultura, Ana Isabel Vázquez Reboredo, presentou hoxe a nova entrega do festival que inclúe proxeccións no Gaiás de filmes para a cativada premiados en certames internacionais de prestixio

21/01/21 | 15:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As fundacións Camilo José Cela e José García Nieto resolven o seu VII concurso de micropoemas con máis de 300 participantes

Os poemas ‘El camino’, ‘Ausencia’ e ‘La nada’ foron os tres premiados, nunha edición con récord de micropoemas presentados nos seus sete anos de historia

21/01/21 | 15:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAI presenta os traballos de Marcelo Expósito, Luis López Carrasco e Álvaro Orús con cadanseu coloquio co público

A cinemateca da Xunta adianta os horarios da sesión de ‘143.353 (Los ojos no quieren estar siempre cerrados)’, que terá lugar mañá ás 19,00 h., e do primeiro pase do documental ‘El año del descubrimiento’, o xoves 28 ás 17,30 h.

21/01/21 | 12:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Cidade da Cultura achegará a exposición 'As miradas de Isaac' a 2.000 estudantes, a través de visitas por videoconferencias

O persoal de guías do Museo Gaiás comeza as videoconferencias que se alongarán ata o 26 de marzo con 70 emisións as mañás de martes a venres

20/01/21 | 13:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sitúa a serie internacional '3 Caminos' como a "gran aposta audiovisual da Xunta para o Xacobeo 2021"

Salienta a oportunidade que supón o proxecto da produtora galega Ficción Producciones para levar o Camiño a 240 territorios con Amazon Prime Video