Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

26/04/21 | 14:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o investimento simultáneo da Xunta de 13 M€ nas infraestruturas da cidade de Ourense e garante que manterá a reivindicación do impulso das actuacións pendentes do Estado

Vázquez Mourelle destaca a posta en servizo, en febreiro, da estación de autobuses da intermodal, que permite xa o intercambio entre o autobús e o ferrocarril en 30 segundos, mentres se agarda pola chegada do AVE

26/04/21 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforza a partir do día 3 de maio os servizos de autobús para facilitar o traslado diario dos estudantes de Catoira ao IES de Valga

Desta forma aténdese á solicitude da ANPA para que os alumnos deste municipio poidan dispor do servizo de transporte público da Xunta ao IES de Valga

26/04/21 | 10:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta instalará un novo modelo piloto de cerramento de seguridade na AG-64 no lugar de Sedes, en Narón, para evitar o acceso dos animais

A actuación prevista na provincia da Coruña centrarase nesta vía de alta capacidade desde o punto quilométrico 9+000 ata o punto quilométrico 11+000

25/04/21 | 10:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana as tarefas de limpeza na estrada OU-533, que une A Gudiña e A Rúa

Continuarase, ademais, cos labores iniciados na OU-636, nos municipios ourensáns da Pobra de Trives e de Larouco

24/04/21 | 10:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Castro de Rei asinan o convenio para completar a rede de abastecemento de auga do municipio cun investimento de 400.000 euros

A Xunta achegará o 80% do orzamento, 320.000 euros, e executará as obras, e o Concello de Castro de Rei contribuirá co 20% restante, 80.000 euros

23/04/21 | 13:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realizará un inventario das infraestruturas que existen nas 170 áreas fluviais con maior risco de inundación da demarcación Galicia-Costa

Augas de Galicia licita por case 1,3 millóns de euros o contrato de servizo para estudar a influencia no risco de inundación das estruturas situadas en 548 km de río

23/04/21 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 450.000€ a mellora da estrada LU-170 entre Xermade e Cabreiros, incluída no Plan de reforzo de firmes que este ano prevé un investimento de 4,6 M€ nas provincia de Lugo

Vázquez Mourelle informa de que as empresas teñen ata o 19 de maio para presentar as ofertas a estas obras, que comezarán en verán e rematarán este ano

22/04/21 | 12:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 520.00 euros as obras da senda na estrada autonómica PO-551 entre Trasouto e o Alto da Portela, no Concello de Bueu

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé o inicio dos traballos na segunda quincena de maio, co obxectivo de telos rematados a principios de 2022

22/04/21 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
22/04/21 | 11:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas