Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Infraestruturas:

19/02/21 | 10:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a CEG colaborarán no deseño dunha oferta de FP innovadora e conectada coas necesidades empresariais

O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co novo presidente da Confederación de Empresarios de Galicia, Juan Vieites, para perfilar liñas de actuación futuras que garantan a adaptación á demanda empresarial e a mellora da empregabilidade

19/02/21 | 10:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Rede de Teatros e Auditorios retoma a actividade recuperando neste semestre a meirande parte dos espectáculos adiados

O circuíto da Xunta mantén a previsión de ofrecer ata o mes de xuño máis de 300 funcións escénicas e musicais en colaboración con 40 entidades locais e coa participación dunhas 110 formación artísticas profesionais

18/02/21 | 16:45 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Medio cento de orquestras galegas benefícianse das axudas da Xunta polos efectos da covid-19

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da convocatoria, cun investimento de 1M€, dirixida a este sector afectado pola pandemia

18/02/21 | 13:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O CGAC retoma a súa actividade presencial cunha mostra homenaxe aos 30 anos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra

O museo xestionado pola Xunta de Galicia volve abrir as súas portas cunha ampla programación que inclúe tres exposicións e diversas actividades

16/02/21 | 12:48 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convida ao público a un percorrido musical polo Camiño de Santiago en dous concertos didácticos en liña desde o Gaiás

Os músicos e artesáns Rosa Sánchez e Pablo Carpintero afondarán nas variantes das gaitas de fol, mentres que a soprano Esperanza Mara propón un recital de lírica medieval cos instrumentos do Pórtico da Gloria como fío condutor

15/02/21 | 14:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Tradutores de todo o mundo poderán viaxar a Coruña para exportar obras en galego co apoio da Xunta de Galicia

‘Residencia Xacobeo’ facilita ao beneficiario a estadía para traballar e investigar na Residencia Literaria 1863, un apartamento do século XIX no casco histórico coruñés

15/02/21 | 13:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta consultará a 60 expertos e realizará 600 enquisas para elaborar o Plan Estratéxico da Cidade da Cultura 2021-2027

A Consellería de Cultura pon en marcha un programa de entrevistas, grupos de traballo, mesas de discusión e consultas online

14/02/21 | 12:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incrementa un 11% os fondos para apoiar á actividade dos arquivos da Comunidade cun investimento de 800.000 €

Destinarase a mellorar infraestruturas tanto autonómicas como locais e de asociacións sen ánimo de lucro e a prolongar as bolsas de formación

13/02/21 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste 183.000 euros na mellora do Santuario de Arante, en Ribadeo

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, valora os traballos que permitirán corrixir as humidades que afectan ao templo da Nosa Señora das Virtudes

12/02/21 | 14:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta colabora na edición dunha nova colección que agrupa e traduce os textos máis representativos da Xeración Nós

O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe de xeito virtual o primeiro dos volumes que se publica en colaboración con Hércules de Ediciones