Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

03/05/21 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de construción da nova senda entre Carballo e Coristanco cun investimento de máis de 1 M€

As obras contan cun prazo de 8 meses, polo que se prevé rematalas a finais do ano

02/05/21 | 13:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta retoma a vindeira semana as tarefas de limpeza nas vías de altas prestacións na zona de Tomiño e Guarda e de Cambados e Vilagarcía

Continuarase tamén cos labores iniciados hai dúas semana en máis de 40 vías de titularidade autonómica do sur da provincia de Pontevedra

02/05/21 | 12:16

Medio Ambiente adxudica por máis de 70.000 euros as obras de mellora e humanización de dúas prazas en Rairiz de Veiga

A actuación, cun prazo de execución de tres meses, centrarase no núcleo principal do municipio, co fin de acondicionar os espazos públicos que rodean á Casa do Concello e algúns dos edificios públicos máis importantes para o municipio

01/05/21 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
01/05/21 | 12:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo de mellora do sistema de abastecemento no concello de Coristanco

Este contrato, cun investimento de máis de 18.000 euros, dispón dun prazo de execución de 6 meses

01/05/21 | 12:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A rede autonómica de estradas rexistrou de media en 2020 case un 21% menos de tráfico que o ano anterior polas restricións de mobilidade derivadas da pandemia

As estradas de titularidade autonómica acadaron unha media de 2.549 vehículos ao día, dato que se elevou nas vías de alta capacidade a 6.917

30/04/21 | 16:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a redacción dos proxectos de tres actuacións para reducir o risco de inundacións no río Anllóns ao seu paso por Carballo, que suporán un investimento global de 3 M€

As empresas poderán presentar ata o 31 de maio as ofertas para acometer este contrato, licitado hoxe por máis de 143.000 euros

30/04/21 | 15:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a fase de consulta pública do novo Plan Hidrolóxico Galicia-Costa 2021-2027, que optimiza a xestión integral da auga ante os retos do cambio climático

O DOG publica hoxe o inicio do proceso de participación que permite a presentación de suxestión e achegas durante os vindeiros 6 meses, ata o 30 de outubro

30/04/21 | 15:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a consulta pública o Plan de xestión do risco de inundacións da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa para o ciclo 2021- 2027

O plan recolle medidas para minimizar o risco de inundación por importe de máis de 100 M€, incorporando actuacións para desenvolver polas distintas administracións

30/04/21 | 14:04

A Xunta e o Colexio de Arquitectos colaboraron para formar no respecto ao territorio a uns 55.000 escolares galegos en 20 anos

A responsable autonómica subliña a importancia das actuacións formativas e de concienciación acometidas ao abeiro deste proxecto, presente en todos os centros educativos da Comunidade e coas que se crea “conciencia” desde a infancia