Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

11/05/21 | 14:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a consulta pública a revisión do Plan hidrolóxico e do plan de xestión de risco de inundacións da demarcación hidrográfica Galicia Costa

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que poden consultarse vía web e invitou á cidadanía a consultar a información do seu interese e transmitir as observacións que consideren oportunas

11/05/21 | 14:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de execución dunha senda peonil na estrada autonómica PO-404 no concello de Tui

Os traballos supoñen un investimento autonómico superior aos 32.000 euros e contan cun prazo de execución de 2 meses

11/05/21 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez informa aos mariscadores de Lourizán do próximo inicio das obras do emisario da ría de Pontevedra, cun investimento da Xunta de 12M€ e de xeito compatible coa actividade extractiva

Vázquez Mourelle explica que a obra consta dunha parte terrestre, de construción dunha cámara de carga e a estación de bombeo, e do emisario, de máis de 3,5 km

11/05/21 | 10:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 18,9 M€ para garantir a conservación ordinaria e a vialidade invernal en 723 km de estradas das áreas de Santiago, Bergantiños-Costa da Morte e Barbanza nos vindeiros 4 anos

Trenor explicou que son contratos que permiten unha vixilancia e control das estradas para detectar anomalías e corrixilas o antes posible

10/05/21 | 13:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Salvaterra de Miño colaboran para dotar o centro urbano dunha nova rúa que mellorará a mobilidade dos veciños cun investimento autonómico de 500.000€

Habilitarase unha nova vía para o tráfico rodado, urbanizada tamén para o tránsito peonil, entre as rúas Curros Enríquez e Castelao

10/05/21 | 13:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 24,4 M€ á conservación e á vialidade invernal da rede viaria autonómica da provincia de Ourense nos vindeiros 4 anos

O delegado territorial salientou que o obxectivo da Administración galega é garantir a seguridade nos máis 1.000 quilómetros das 108 estradas autonómicas da provincia de Ourense

10/05/21 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de estabilización do muro do aparcadoiro do Hospital Materno Infantil da Coruña

A intervención supuxo un investimento autonómico de máis 48.000 euros

10/05/21 | 12:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a construción dunha senda peonil de 1.500 metros na estrada PO-531 entre Sabarís, O Bispo e A Devesa, no concello de Pontevedra, cun investimento de máis de 830.000 €

O delegado territorial, Luis López, supervisa o comezo dos traballos, que estarán rematados a finais de ano e se enmarcan na mellora da seguridade viaria

10/05/21 | 10:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta limpa preto de 10 quilómetros do leito dos ríos Xunco e Xunqueira e do rego de Nois, na Mariña

O delegado territorial, Javier Arias, explica que son actuacións preventivas de retirada da vexetación e eliminación de posibles obstrucións no leito nos treitos interurbanos destes ríos

09/05/21 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta continúa a vindeira semana os traballos de roza e limpeza que están en marcha en distintas estradas das provincia de Ourense, de Pontevedra e da Coruña

Proseguirase coas tarefas de roza nas estradas ourensás OU-533 na Gudiña, Viana do Bolo, A Veiga e A Rúa, e na OU-636 na Pobra de Trives e Larouco