Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Xacobeo:

18/05/21 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acomete labores de acondicionamento e conservación nas franxas de protección das sendas peonís da Ponte da Illa de Arousa

O delegado territorial, Luis López, supervisa os traballos, que se desenvolverán ao longo dos 1.980 metros de lonxitude desta infraestrutura de paso da PO-307

17/05/21 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a execución dunha senda peonil e ciclista na estrada AC-133, entre Franza e Rilo, no concello de Mugardos

A senda, de 2,5 metros de ancho, executarase pola marxe dereita da vía, do punto quilométrico 7+200 ao 8+550, e pola esquerda, desde o 9+820 ao 9+910

16/05/21 | 12:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta intensifica a vindeira semana os traballos de roza e limpeza que están en marcha en distintas estradas das provincia de Pontevedra e da Coruña

Proseguirase coas tarefas iniciadas hai catro semanas en máis de 40 vías de titularidade autonómica do sur da provincia de Pontevedra

15/05/21 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 11 ofertas para redactar o proxecto de mellora do saneamento na Seca e no Porto de Campelo en Poio

Trátase de desenvolver as propostas do Plan de saneamento local para o novo tanque de tormentas na Seca, que regule o caudal cara á estación do porto de Campelo, mellorando as instalacións, que suporán un investimento de máis de 3M€

14/05/21 | 15:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Sanidade
13/05/21 | 13:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta o investimento da Xunta de 180.000 € no novo itinerario de Albarellos, que facilita aos veciños de Monterrei desprazamentos máis comodos e seguros

Vázquez Mourelle subliña que o obxectivo da intervención é incrementar a seguridade dos peóns, que son usuarios vulnerables das estradas

12/05/21 | 12:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública o proxecto para executar un itinerario peonil e ciclista na estrada AC-213 na Telva, nos concellos de Cambre e de Culleredo

A actuación executarase de modo que se complementen dous itinerarios diferentes cunha lonxitude total de 680 metros, 540 na estrada AC-213 e 140 metros no ramal ao polígono de Alvedro

12/05/21 | 11:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia a licitación por 209.700 euros das obras de ampliación do viario de acceso e o aparcamento do CRAPD Vigo II

A delegada territorial da Xunta en Vigo sinala que con esta actuación preténdese mellorar a seguridade de entrada e saída ao complexo, aumentar a capacidade actual do aparcadoiro e adecuar os espazos exteriores para actividades grupais

11/05/21 | 15:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A mellora da estrada AC-556 entre Valdoviño e Cedeira fará necesarios cortes de tráfico puntuais os luns e os xoves a mediodía por mor da realización de voaduras

As voaduras efectuaranse ás 13 horas destes dous nun período dun mes e terán unha duración de 5 minutos, tras os cales se procederá á reapertura ao tráfico

11/05/21 | 14:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora o acceso á Ponte Vella do Rato atendendo ás demandas dos veciños de Castelo

A obra, a piques de rematar, consistiu no arranxo dun afundimento moi pronunciado de varios metros na entrada da ponte, que dificultaba a entrada de vehículos á sede de Cruz Vermella e o paso dos peóns