Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 195 novas da área temática Xustiza:

04/11/20 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investirá 10.000 euros na rehabilitación e na dotación de equipamento do xulgado de paz de Ponteceso

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, asinou hoxe co alcalde un convenio de colaboración para levar a cabo estas actuacións que repercutirán en ofrecer un servizo de calidade aos cidadáns

30/10/20 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta demanda ao Goberno central coñecer que cantidade vai recibir Galicia do fondo de resiliencia para a Administración de Xustiza

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou hoxe nunha reunión da Conferencia Sectorial de Xustiza co Ministerio e o resto de comunidades autónomas

27/10/20 | 11:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa FAXPG nun servizo de atención permanente para garantir o acceso das persoas xordas e xordocegas á Administración de Xustiza

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe co presidente da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, Iker Sertucha, o convenio de colaboración para poñer en marcha este servizo

14/10/20 | 13:31 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta os avances na construción da Cidade da Xustiza de Vigo, "a obra xudicial máis importante da historia da Comunidade"

Confirma o obxectivo de que os traballos conclúan no primeiro trimestre de 2021 e que ao longo do vindeiro ano se leve a cabo, tamén, o traslado de todas as infraestruturas xudiciais a esta nova sede

08/10/20 | 15:34 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
23/09/20 | 13:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta traballa nun Plan Estratéxico da Década Xacobea 2021-2032 co obxectivo de contar cunha folla de ruta que aproveite as sinerxías dos tres próximos anos santos

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, Alfonso Rueda, compareceu esta mañá na Cámara galega, a petición propia, para explicar as previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento nesta lexislatura

18/09/20 | 18:25 | A Presidencia da Xunta
18/09/20 | 16:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica e axentes ambientais esclarecen tres incendios forestais nos concellos de Toén, Maceda e Santiago

No que vai de ano, foron detidas ou investigadas pola Policía Autonómica 48 persoas como presuntas autoras de incendios forestais

16/09/20 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca as melloras aplicadas na Administración da Xustiza para adaptala á situación derivada da covid-19

O director xeral de Xustiza, Juan José Martín, destacou hoxe que máis de 780 xuíces, fiscais e letrados da Administración de Xustiza, 64 forenses e preto de 500 funcionarios puideron teletraballar durante o estado de alarma