Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 521 novas da área temática Lingua:

14/02/22 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca as novas edicións dos seus premios de literatura dramática cunha dotación global de 26.000 euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe as bases do XXVI Álvaro Cunqueiro para textos teatrais, o XII Manuel María de Literatura Dramática Infantil e o XV Barriga Verde de textos para teatro de monicreques

14/02/22 | 12:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre o prazo de inscrición para os cursos preparatorios das probas Celga en lingua galega

Ofértanse un total de 35 cursos gratuítos, 27 deles en liña e oito presenciais repartidos nas catro provincias

11/02/22 | 17:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a orquestra Panorama presentan un videoclip para promover o Camiño de Santiago

A coñecida orquestra adaptou o tema ‘Torres de Compostela’, composto para o Xacobeo 99, ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo

10/02/22 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A nova versión do Corpus de Referencia do Galego Actual permitirá realizar estudos con perspectiva de xénero

Trátase dun recurso informático nado co obxectivo de fornecer datos para o estudo da lingua galega actual desde múltiples perspectivas

09/02/22 | 14:43 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o proxecto audiovisual ‘Bailando o Camiño’, que permitirá aprender a divertirse en galego cos bailes tradicionais do Camiño de Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística participa hoxe na presentación desta serie de audiovisuais realizados ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo

04/02/22 | 12:52 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Festival Kerouac leva a poesía galega a México co apoio da Xunta

A poeta galega Fátima Delgado presentará en primicia unha peza dramática para o seu devanceiro, Florencio Delgado, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas

03/02/22 | 14:06 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A serie de vídeos de `Brincadeiras da lingua’ chega cunha segunda edición para seguir difundindo os ditos infantís galegos

O secretario xeral de Política Lingüística participa na presentación desta nova entrega de pílulas audiovisuais realizadas ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo

02/02/22 | 10:01 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 4000 participantes inician hoxe o reto de ‘21 Días co galego e +’ baixo o lema ‘Creando en galego no século XXI’

Doce centros debutan no programa, que se estende por segundo ano consecutivo á etapa de Primaria

01/02/22 | 09:22 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta e a USC colaborarán nun proxecto dixital que busca avanzar no estudo do neofalantismo

A iniciativa, impulsada polo grupo Novos Medios da Facultade de Ciencias da Comunicación, constará dun portal web de noticias arredor da lingua galega e dunha ferramenta tecnolóxica interactiva que funcionará a xeito de rede social

27/01/22 | 15:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A serie de documentais ‘Os nomes da nosa terra’ difunde os feitos e historias que orixinaron algúns dos millóns de topónimos de Galicia

A Xunta apoia a publicación deste traballo realizado pola Asociación Sociopedagóxica Galega ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo