Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

16/09/22 | 12:36

Cincuenta menores con medidas xudiciais por violencia de xénero incorpóranse ao Proxecto Fénix de reeducación para evitar a súa reincidencia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, reuniuse hoxe con representantes da Asociación Alar, para facer balance do programa
 

16/09/22 | 10:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta convoca o Curso superior de intervención policial en violencia de xénero para as forzas e corpos de seguridade

Organizado pola Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp), desenvolverase en liña a partir do 1 de outubro cunha duración de 100 horas, segundo recolle o Diario Oficial de Galicia

15/09/22 | 10:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor a formación das forzas e corpos de seguridade en materia de violencia de xénero

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inauguraron o “I Congreso nacional de violencia de xénero para as forzas e corpos de seguridade” que se celebra hoxe e mañá na AGASP e ao que asisten un total de 150 axentes

14/09/22 | 18:53

Lorenzana pon en valor o Plan Emprega Muller ao que a Xunta destina 35 M€ para mellorar a formación e a inserción laboral de ata 16.500 traballadoras

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, referendou no Parlamento de Galicia o compromiso da Xunta pola igualdade laboral

13/09/22 | 13:53

Lorenzana referenda o compromiso da Xunta para acadar a presenza equilibrada de mulleres en esferas de decisión a través das políticas de benestar laboral

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na xornada sobre o impacto da muller empresaria no mundo organizada por Women Presidents Organization

11/09/22 | 17:31

A Xunta enxalza na entrega de premios da Regata da Muller en Vilagarcía de Arousa o compromiso do deporte galego coa igualdade e a conciliación

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, lembrou que a través dun acordo coa Secretaría Xeral para o Deporte ofértanse 8.000 actividades para menores de 16 anos para axudar ás familias a conciliar
 

10/09/22 | 10:47

As vivendas para vítimas da violencia de xénero de Chantada recibiron 20 mulleres e 14 menores desde a súa posta en marcha en 2020

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou este recurso de transición para as mulleres previo ao seu acollemento
 

07/09/22 | 12:10

A Xunta anima ás mulleres que interromperon a súa actividade profesional pola maternidade ou os coidados a participar no proxecto ‘Entrena Emprego Lugo’

A iniciativa está cofinanciada pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e o Fondo Social Europeo, e promovida pola Fundación Santa María la Real