Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da área temática i+D+i:

08/07/22 | 10:48 | C. de Economía e Industria

A Xunta abre a convocatoria da nova edición da BFAero co obxectivo de ensanchar o ecosistema xerado arredor do Polo Aeroespacial de Galicia

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou esta mañá en Santiago de Compostela no acto de presentación da 4ª edición da Business Factory Aero

05/07/22 | 13:26 | C. de Economía e Industria; C. de Facenda e Administración Pública

Xunta, universidades e Eurorrexión constitúen o Nodo Galicia para situar a comunidade á vangarda europea en intelixencia artificial

O Nodo promoverá a candidatura de Galicia para acoller a sede da futura Axencia Española de Supervisión de Intelixencia Artificial

02/07/22 | 15:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia á biotecnolóxica Oncostellae para que avance nos ensaios clínicos con novos compostos farmacéuticos

A través de XesGalicia concede un préstamo participativo de ata 500.000 euros

28/06/22 | 11:46 | C. de Economía e Industria

A Xunta anima ás pemes lucenses a comezar a innovar co apoio dos bonos de innovación

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, participou nunha xornada informativa organizada en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) no marco da iniciativa Conecta Lugo

26/06/22 | 16:44 | C. de Economía e Industria

Galicia celebra o V Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial co foco no crecemento sostible das pemes

O evento terá lugar en Ferrol o 29 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Deseño Industrial, e estará incluído na programación do festival Galicia Design Week

26/06/22 | 14:54 | C. de Economía e Industria

Galicia capta preto de 2 M€ para investigación no eido da biotecnoloxía aplicada á saúde

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, mantivo unha reunión en Madrid coa secretaria xeral de Investigación do Ministerio de Ciencia e Innovación, Raquel Yotti

24/06/22 | 14:10 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por impulsar internacionalmente a Marca Galicia da I+D+i para captar máis investimentos e xerar emprego cualificado

A Fundación COTEC sitúa Galicia como a segunda comunidade con maior proporción de pemes colaborando con axentes do ecosistema galego de I+D+i en proxectos innovadores

23/06/22 | 15:09 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca a competitividade do ecosistema galego de innovación no marco europeo

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, inaugurou hoxe a xornada de presentación das liñas de axuda á I+D+i empresarial da Xunta e do Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI)

21/06/22 | 15:08 | C. de Economía e Industria

Galicia posiciónase na feira Expodrónica como referente para investir na industria dos sistemas non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu hoxe á presentación da Civil UAVs Initiative neste encontro dentro do World ATM Congress, un dos principais eventos profesionais do sector dos drons

21/06/22 | 13:21 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por potenciar o talento e a innovación como pancas de desenvolvemento industrial e económico

O director de XesGalicia, Rubén Aguión, participou na xornada de peche do proxecto europeo Spin Up, onde subliñou a aposta da Administración autonómica polo impulso dun ecosistema galego de start ups