Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 307 novas da área temática Goberno galego:

06/05/21 | 17:24 | A Presidencia da Xunta

Feijóo anuncia as novas medidas acordadas polo comité clínico para seguir avanzando na apertura gradual e medida e adaptarse á nova situación que se abre co fin do estado de alarma

Destaca que desde o vindeiro domingo Galicia no seu conxunto deixará de ter peche perimetral, permitíndose a mobilidade para entrar e saír da Comunidade

04/05/21 | 14:46 | A Presidencia da Xunta

Feijóo eloxia o papel determinante dos empregados públicos na xestión e na superación da pandemia

Destaca o compromiso da Xunta para seguir fortalecendo os servizos públicos, a través, por exemplo, da aposta pola estabilidade, coas maiores ofertas públicas de emprego da historia da Comunidade

28/04/21 | 14:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta a contribución dos 40 anos de vixencia do Estatuto de Autonomía á marca Galicia, “unha marca de convivencia, de progreso e de liberdade”

“Da man da autonomía, Galicia puido competir e moitas veces puido gañar” di, subliñando que o atraso queda derrogado a favor do avance, da audacia e do desenvolvemento

20/04/21 | 16:30 | A Presidencia da Xunta

Feijóo cualifica de “erro” o recurso de inconstitucionalidade interposto polo Goberno central á Lei de saúde e apela ao diálogo para avanzar nunha solución extraxudicial

Incide na necesidade de que se celebre unha Conferencia de presidentes para abordar o baleiro xurídico tralo remate do estado de alarma

19/04/21 | 20:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e o Goberno central inician os trámites para a constitución da comisión bilateral na que se debaterá a Lei de saúde de Galicia

Hoxe celebrouse unha reunión técnica, na que o Estado lle trasladou ao Goberno galego que non vai retirar a presentación do recurso de inconstitucionalidade contra a norma nin levantar a súa suspensión