Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Educación:

14/09/22 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O plan de nova arquitectura pedagóxica ten comprometidas 22 actuacións en centros educativos de Bergantiños-Costa da Morte por máis de 2,8 M€

Trenor visitou o CPI Cabo da Area no que a Xunta investiu case 500.000 euros para mellorar os servizos, a eficiencia e comodidade do centro

13/09/22 | 12:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta blinda o plantel de profesorado con 500 docentes máis que antes da pandemia e os mesmos que o pasado curso malia contar con menos alumnos

Román Rodríguez confirma que o sistema conta con 30.534 docentes, o que desminte con cifras obxectivas as críticas de recortes por parte dos grupos da oposición

12/09/22 | 16:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destina 5,3 M€ a financiar as prazas de todas as escolas infantís da provincia, que desde este curso son gratuítas para os usuarios

O delegado territorial, Javier Arias, destacou que a medida beneficia a máis de 3300 nenos e nenas en Lugo e supón un aforro de entre 1500 e 2000 euros para as familias

12/09/22 | 13:19 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As Consellerías de Educación e Política Social unen forzas para dotar dun novo comedor ao Colexio CEIP Plurilingüe As Mercedes de Ourense

O departamento educativo da Xunta inviste preto de 48.000 euros na reforma dos espazos cedidos na residencia xuvenil Florentino López Cuevillas

12/09/22 | 12:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta reforza o Plan de Formación do Profesorado para adiantarse ás novas tendencias internacionais en avaliación, novas metodoloxías e dixitalización

O titular de Educación salienta que esta folla de ruta dá resposta ao papel do profesorado como “puntal fundamental para facer do sistema educativo galego un exemplo de calidade e equidade”

09/09/22 | 16:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias insta ao Concello de Vigo a aclarar se vai acollerse ao programa de gratuidade da Xunta para as escolas infantís

A delegada territorial en Vigo subliña que o Goberno galego garante o financiamento da educación infantil de 0 a 3 anos para todas as familias viguesas que acoden ás escolas municipais, como o fai no resto de Galicia
 

09/09/22 | 15:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda sinala o novo curso como a oportunidade de seguir avanzando cara unha universidade con mellores dotacións, máis conectada á empresa e máis internacionalizada

Avanza novas iniciativas como un Plan Plurianual de Infraestruturas, a implantación das mencións duais e a captación de alumnado estranxeiro como prioridades para o vindeiro curso
 

08/09/22 | 15:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta acomete e activa 17 actuacións en colexios e institutos públicos de Deza e Tabeirós-Montes para o curso 22/23 cun investimento de 6,1 M€

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou das actuacións educativas realizadas e as que xa están en licitación para estas bisbarras nunha visita ao IES Pintor Colmeiro de Silleda, onde se renovaron as luminarias e se completou un novo patio cuberto
 

08/09/22 | 13:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Gabriel Alén destaca o esforzo inversor da Xunta en materia educativa na provincia de Ourense

O delegado territorial explicou que na provincia de Ourense, o investimento neste momento ascende xa a 10,5M€ e ten en carteira outras 6 grandes obras, por 5,6M€, cuxos proxectos prepara nestes momentos
 

08/09/22 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arias abre en Outeiro de Rei o curso escolar, do que destaca 78 actuacións en centros da provincia cun orzamento de case 18 M€

O delegado territorial de Lugo explica que hai 31 grandes obras en distintas fases de execución cun investimento próximo aos 17M€, ademais de 47 intervencións menores realizadas este verán noutros tantos colexios e institutos