Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

01/10/22 | 14:10 | C. de Economía e Industria

A Coruña alcanza os 41 concellos emprendedores ao sumarse Cabana de Bergantiños a esta iniciativa para impulsar os investimentos empresariais

A localidade bergantiñá colabora coa Xunta de Galicia para impulsar a recuperación económica ofrecendo máis axilidade na tramitación administrativa, no acceso ao solo industrial e maiores incentivos fiscais
 

30/09/22 | 13:42 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia é a terceira Comunidade Autónoma cunha menor ratio de débeda por habitante

Cada galego debe 2.306 euros menos que a media autonómica

29/09/22 | 20:17 | A Presidencia da Xunta

Rueda enxalza os proxectos políticos sólidos, amplos e estables como o de Galicia como o mellor xeito de defender e promover as democracias

Sinala que a Comunidade seguirá contribuíndo ao fortalecemento dos sistemas democráticos pola vía dos feitos, desde a experiencia, a responsabilidade e a unidade dos cidadáns, e aportando á España constitucional e á Europa unida

28/09/22 | 19:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta pide ao Goberno máis axilidade na xestión dos fondos europeos e que convoque canto antes o novo Perte da automoción

Conde insta ao Executivo central a reunir de inmediato o grupo de traballo que acordou con Stellantis e as comunidades de Galicia, Aragón e Madrid para definir un novo Perte no que se teñan en conta as necesidades da maior fábrica de vehículos de España

28/09/22 | 12:45 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña en San Cibrao das Viñas a aposta por un modelo económico baseado en novos procesos produtivos e nun consumo máis eficiente

O director do Igape, Fernando Guldrís, participa na xornada A economía do futuro é circular, onde pon en valor a Estratexia Galega de Economía Circular 2019-2030, que establece como principios básicos a redución, a reutilización e a reciclaxe, ademais das estratexias de deseño sostible

27/09/22 | 12:37 | A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que a Xunta investirá o maior presuposto da historia nun proxecto de país que xere oportunidades e certezas ao conxunto da cidadanía galega

Adianta que o Goberno galego aplicará con efectos inmediatos unha deflactación do IRPF nos seus primeiros tramos, ata os 35.000 euros, con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro
 

26/09/22 | 14:50 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade impulsa no fórum gastronómico da Coruña a alianza das empresas e os cociñeiros coa sostibilidade

O selo de garantía dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación conta cun stand propio no que se presentan os produtos de empresas certificadas

26/09/22 | 13:29 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca en Barreiros a importancia para as pemes lucenses de programas como o Galicia inviste, que ten permitido mobilizar máis de 8 M€ na provincia

O director do Igape, Fernando Guldrís, visitou Aluminios Seco, empresa participante nesta iniciativa que mellorou a súa capacidade de produción grazas á implantación de maquinaria nova

26/09/22 | 13:11

A produción do sector do mar aumentou un 50% desde 2011 e ten relación con máis do 90% das ramas de actividade da economía galega

Esta actividade superou un valor de produción de 5.500 millóns de euros no 2019 fronte aos 3.700 millóns de euros de 2011 segundo reflicte o traballo elaborado polo grupo de investigación en Economía Pesqueira e Recursos Naturais da USC