Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

18/02/22 | 12:03 | C. de Economía e Industria

Galicia desenvolve o proxecto 'EDAR 360' para levar as vantaxes da intelixencia artificial aos procesos de depuración de augas residuais

“Trátase de utilizar as novas tecnoloxías para poder desenvolver un control da calidade das augas e xestionar de forma máis eficiente os nosos recursos hídricos”, explica Conde

16/02/22 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 945.000 € o estudo de detalle de inundabilidade fóra das áreas de risco potencial significativo de inundación de Galicia-Costa

Os traballos contan cun prazo de 18 meses e complementarán o labor da Xunta na contorna das 170 áreas de risco potencial de inundación delimitadas no Plan de xestión de risco do ciclo 2021-2027, que suman unha lonxitude de 548 km de río

12/02/22 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de mellora e posta en marcha da depuradora de Vilaverde, no concello de Coristanco

A Consellería de Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, destinou preto de 50.000 euros para recuperar e pór en marcha a planta de tratamento de augas residuais neste núcleo do municipio, que deixou de funcionar tras un acto vandálico

11/02/22 | 11:55

A Xunta detecta unha obra de canalización de augas sen autorización en San Xiao de Cebreiro, no Pino

Os axentes medioambientais levantaron acta dos feitos e deron trasladalo a Augas de Galicia para a súa avaliación e, no seu caso, a adopción das medidas oportunas

10/02/22 | 16:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Oficina Técnica da Seca da Xunta realizará un seguimento quincenal da situación hidrolóxica en Galicia-Costa, con especial atención aos caudais dos ríos e confirma que o abastecemento está garantido

Constátase a normalidade das reservas de auga nos encoros e a inexistencia de incidencias relacionadas co abastecemento, apuntando a importancia na evolución da meteoroloxía da primavera

08/02/22 | 15:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca este xoves a Oficina Técnica da Seca para coordinar o seguimento tras a declaración do estado de prealerta por seca na demarcación Galicia-Costa

A activación da prealerta permite intensificar o seguimento da situación, estando garantido o abastecemento de auga á poboación

08/02/22 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez pon Crecente como exemplo do apoio da Xunta aos concellos pequenos na prestación dos servizos da auga, tras concederlle axudas por 91.000 €

Vázquez Mourelle explica que as subvencións permitiron dotar de saneamento os núcleos da Xesta e Xestal, levando este servizo a un total de 10 vivendas

07/02/22 | 14:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta declara a prealerta por seca na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa para intensificar o seguimento e salienta que o abastecemento á poboación está garantido

Vázquez Mourelle salienta que esta declaración é un “aviso precoz” que busca a anticipación ante un posible episodio futuro de escaseza de auga, así como a toma de conciencia sobre a necesidade do consumo responsable

02/02/22 | 14:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por máis de 456.000 € as obras de mellora do abastecemento, saneamento e recollida de augas pluviais do núcleo da Derrasa, no Pereiro de Aguiar

Esta intervención, cun prazo de execución de 4 meses, ten como fin renovar estas infraestruturas hidráulicas

02/02/22 | 14:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a mellora da estación de bombeo de augas residuais de Mogor, en Marín

Os traballos, que suporán un investimento autonómico que supera os 92.000 euros, contan cun prazo de execución de 6 meses