Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Cultura:

20/05/21 | 13:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a explotación das estacións de autobuses de Burela, de Ribadeo e de Viveiro para os vindeiros cinco anos por importe de máis de 880.000 €

O contrato conxunto das tres terminais de transporte de viaxeiros en autobús ten como obxectivo optimizar os recursos necesarios para a súa explotación

20/05/21 | 12:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora da seguridade viaria na estrada autonómica OU-105 no entorno do tanatorio de Ourense, en Seixalbo

A actuación conta cun investimento autonómico de case 950.000 euros e cun prazo de execución de 8 meses, polo que o obxectivo é poder rematala a finais de ano

19/05/21 | 14:51 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública un novo treito da vía de altas prestacións da Costa Norte, entre San Sadurniño e Sanguiñeira

Trátase da actualización do proxecto de construción da VAP da Costa Norte no seu treito San Sadurniño-Sanguiñeira, completándose, ademais, cunha conexión directa coa autovía AG-64

19/05/21 | 14:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe un total de 8 ofertas para executar as obras de mellora do firme en seis estradas autonómicas da provincia de Pontevedra, cun investimento de preto de 775.000 euros

Actuarase nas estradas PO-214, PO-221, PO-222, PO-223, PO-233 e PO-303, nos concellos de Pontecesures, A Estrada, Moraña, Pontevedra, Campo Lameiro, Cerdedo-Cotobade, Poio, Padrón, Sanxenxo, Meaño e Cambados

19/05/21 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que o novo itinerario peonil e ciclista que unirá Carballo e Coristanco estará á disposición dos veciños a finais de ano cun investimento da Xunta de máis de 1M€

Vázquez Mourelle sinala que as obras, que comezaron a finais de abril, consisten na execución dunha senda de 2,5 km na estrada AC-552

19/05/21 | 13:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por máis de 60.000 euros as obras da rede de augas pluviais no núcleo rural de Calvos, no concello de San Cibrao das Viñas

Executarase unha rede separativa de augas pluviais e fecais, completando así as infraestruturas de saneamento e canalización de augas pluviais neste núcleo

19/05/21 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de acondicionamento e de mellora da mobilidade peonil na contorna da glorieta da estrada OU-540, que dá acceso aos centros comerciais de Barbadás

A actuación, impulsada pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, supón un investimento de arredor de 70.000 euros

18/05/21 | 15:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de reforzo do firme nas estradas da provincia da Coruña AC-840 e na AC-523, que suporán un investimento autonómico de máis de 3,6M€

As intervencións teñen por obxectivo a rehabilitación integral do firme en 50 quilómetros destas dúas estradas de titularidade da Xunta

18/05/21 | 14:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o concello de Vilamarín asinan o convenio para a mellora da accesibilidade da estrada OU-189 en San Martiño e Pazos de Monte cun investimento de case 455.000€

A Xunta custeará as actuacións, correspondéndolle á entidade local a adxudicación e execución das obras, ademais de comprometerse a asumir a titularidade da vía

18/05/21 | 12:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta o investimento da xunta de 4,7 M€ nas obras de mellora da seguridade viaria da estrada Valdoviño-Cedeira, que estarán rematadas a mediados do vindeiro ano

Vázquez Mourelle explica que a actuación, que consiste na rectificación de curvas, habilitación de novos carrís de adiantamento e reforzo do firme nun treito de 4 quilómetros, suporá un aforro do tempo de ata un 30%