Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Contos, obradoiros e exposicións enchen abril de actividade na Biblioteca da Xunta en Ourense
O delegado territorial da Xunta visitou esta mañá a Biblioteca Pública Nós para ultimar coa súa directora as actividades que se desenvolverán no mes de abril
A Xunta a Afundación presentan a mostra 'Galicia, a un paso de ti' para invitar aos galegos a redescubrir o seu territorio
O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o presidente de Afundación, Miguel Ángel Escotet, inauguraron hoxe a mostra, que estará en Santiago de Compostela ata o 15 de maio
O Museo de Belas Artes da Coruña prorroga a mostra 'Vestir épocas' ata o 30 de maio dado o éxito de visitas
É a segunda vez que se prorroga a exposición, que xa viron case 7.500 persoas
A Xunta porá en marcha mecanismos para a aplicación dos 106.000€ que o Goberno transferirá para a memoria democrática
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou por videoconferencia na constitución oficial da Conferencia Sectorial
A Xunta abre a convocatoria de preto de 200.000€ para impulsar actividades de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas
O Diario Oficial de Galicia publica as axudas para entidades locais coas que o Goberno autonómico continúa co desenvolvemento do programa ‘Ler conta moito’
A Xunta celebra co sector das artes escénicas o Día Mundial do Teatro e anuncio unha bolsa de dramaturgia e creación
Román Rodríguez agradece o esforzo de adaptación realizado polo mundo da cultura ante o contexto de pandemia, apostando por novos formatos
A Xunta e a Fundacion "La Caixa" exhiben no Gaiás no marco do Xacobeo unha escolma de arte exipcio do British Museum
A exposición ‘Faraón. Rei de Exipto’ chega a Galicia da man da Fundación ”la Caixa”, con 140 pezas do museo británico que afondan nesta civilización milenaria
A Casa de Rosalía acolle o primeiro concerto de 'Rosalía Cantada', incluído no fondo Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia
O disco de clásica con poemas da autora interpretados por Eliseu Mera e Cándido Cabaleiro, inclúe pezas de Xoán Montes, Juan Durán, Xosé Baldomir, Antón García Abril, Octavio Vázquez e Fernando Buide
A obra gañadora do premio Condado de Pallares apoiado pola Xunta incide no valor patrimonial dos Caneiros
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, presentan 'Un patrimonio esquecido: caneiros do Miño en Guntín de Pallares' de Yolanda Vázquez