Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

04/06/21 | 11:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de execución dunha senda peonil e para a rehabilitación de beirarrúas na PO-549, en Vilanova de Arousa e en Vilagarcía de Arousa

A actuación dispón dun investimento autonómico de máis de 1,1 M€ e os actos expropiatorios e a licitación das obras realizarase no 2º semestre deste ano

04/06/21 | 11:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a aprobación do proxecto de execución da mellora da seguridade viaria na estrada PO-551, no Concello de Cangas e na parroquia de Tirán, en Moaña

A actuación dispón dun investimento autonómico de máis de 1,1M € e os actos expropiatorios e a licitación das obras realizarase no 2º semestre deste ano

04/06/21 | 10:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por preto de 200.000 euros o contrato para actualizar o proxecto que completará a Rolda Leste de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se realizarán as adaptacións precisas, normativas e de trazado, para pechar o anel de circunvalación entre as estradas N-VI e N-640

03/06/21 | 14:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
03/06/21 | 14:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez agarda que o aparcadoiro da intermodal de Ourense estea en servizo en xullo para completar a 1ª fase da estación, na que resta aínda a execución da área ferroviaria

Vázquez Mourelle adianta a petición da Xunta para que os veciños da Ponte dispoñan do maior número posible de prazas gratuítas ou cun prezo simbólico

02/06/21 | 13:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta somete a información pública os proxectos dos itinerarios peonís e ciclistas das estradas autonómicas OU-101 e OU-150 en Montealegre e Valdorregueiro, no Concello de Ourense

As actuacións, cun investimento da Xunta de máis de 1,3 M€ e cun prazo de execución de seis meses, fan necesaria a expropiación de 45 fincas

02/06/21 | 13:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
02/06/21 | 13:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por preto de 505.000 euros a execución das obras de mellora do abastecemento no concello de Castro de Rei

Os traballos, cun prazo de execución de 6 meses, teñen como obxectivo cubrir as demandas de auga en época estival no núcleo de Castro de Ribeiras de Lea, desde onde tamén se abastece ao polígono industrial

02/06/21 | 11:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta somete mañá a información pública o proxecto de construción da nova senda peonil e ciclista na estrada autonómica AC-214 no treito entre A Xira e Cambre

O orzamento da actuación ascenderá a 580.000 euros, dos que máis de 23.000 se destinarán ao pagamento das expropiacións das 15 fincas necesarias para a súa execución