Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
As visitas escolares por videoconferencia a ‘Faraón. Rei de Exipto’ arrancan con 2.000 estudantes inscritos nunha semana
O Museo Centro Gaiás ofrece ata o 18 de xuño 80 videoconferencias didácticas, nas que tamén se inclúe a exposición ‘Os brancos segredos do seu ventre’
A Xunta colabora coa Catedral na reapertura das visitas desde hoxe ao Pórtico da Gloria
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez participaron hoxe na presentación do programa de visitas gratuítas, que se retoman con aforo limitado e reserva previa despois da cancelación pola covid-19
Anxo M. Lorenzo participa na presentación de ‘Camiño creativo’ que impulsará unha vintena de proxectos culturais
O secretario xeral de Cultura salienta a importancia de fomentar o emprendemento cultural e o apoio aos novos talentos
O Centro Dramático Galego estrea este xoves ‘Terceiro acto’, unha reflexión sobre a última etapa da vida
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salienta o impulso que lle está a dar a Xunta á escena coa estrea da segunda produción do CDG este ano
A Xunta establece un procedemento regrado para a aprobación de centros e institutos de investigación universitaria
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de publicar a orde que regula, dun xeito obxectivo e transparente, a autorización dos entes de investigación que crean as universidades dentro da súa autonomía
As axudas da Xunta ao impulso do sector escénico propician o reencontro co público dunha trintena de espectáculos
Sarabela, Excéntricas, Teatro do Noroeste, Ningures, Talía, Ibuprofeno, La Macana ou Carlota Pérez remataron xa o proceso de recuperación dos proxectos subvencionados, combinando residencias artísticas con representacións
A Xunta impulsa máis de 400 concertos nas 28 salas beneficiarias das axudas para a programación musical do Xacobeo 2021
Publícase a adxudicación da convocatoria extraordinaria de subvencións, dirixida a espazos legalmente habilitados para organizar espectáculos musicais con público
A Xunta impulsa, con de preto de 1M€, a creación de espazos de tecnoloxía aplicada e aulas de emprendemento en centros de FP
Estarán dotados de equipamento e recursos para mellorar a cualificación dos estudantes de cara ao mundo laboral
Arantza Portabales arranca o ciclo ‘10 anos, 10 autores, 10 libros’ no marco do décimo aniversario da Biblioteca de Galicia
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na iniciativa que permitirá coñecer as influencias literarias dalgúns dos autores galegos máis lidos
A Xunta incrementa nun 40% as axudas para a promoción do uso do galego por parte dos concellos
Destínanse 350.000 euros a apoiar a creación, o reforzamento dos servizos lingüísticos, así como ás programacións municipais de dinamización lingüística