Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Román Rodríguez agradece ao sector do libro “o seu compromiso intacto para amosar o mellor das letras”
A de Ferrol é a primeira das citas do calendario impulsado pola Xunta e Federación de Libreiros de Galicia que inclúe 12 paradas ata agosto
Román Rodríguez subliña que Ferrol ten un aliado na Xunta para a candidatura a Patrimonio da Humanidade
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade clausurou o congreso ‘Ferrol. Destino Patrimonio Mundial’ que se celebrou hoxe no Teatro Jofre e no que tamén estivo o delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor
A obra 'Vinte poemas de amor e unha canción desesperada' de Pablo Neruda xa se pode ler en galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a obra que sae do prelo da man de Medulia Editorial e co apoio da Xunta
A Xunta colabora coa Federación de Libreiros no financiamento das 12 Feiras do Libro de Galicia que se celebrarán este ano
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade e a presidenta da entidade asinan un convenio polo que o Goberno galego achegará 120.000€ a estas citas
A Xunta convoca os Premios Extraordinarios de Bacharelato, que recoñecen os méritos académicos do alumnado do curso 2020/21
Os aspirantes deben ter unha media igual ou superior a 8,75 puntos, así como quedar entre os 20 primeiros nunha proba específica á que deben presentarse
O Gaiás lanza un programa de actividades ao redor de ‘Faraón. Rei de Exipto’ que en menos dun mes recibiu xa 21.000 visitantes
A oferta inclúe propostas para público familiar, como obradoiros de papiros e un ‘escape room’, ademais de visitas en liña, charlas e faladoiros sobre arqueoloxía
A Xunta promove a produción audiovisual galega máis recente cunha nova edición do catálogo interactivo ‘Films from Galicia’
A publicación recolle información de 63 títulos de ficción, animación, documentais e series de televisión, tanto de obras estreadas como en proxecto
Román Rodríguez destaca que a volta de Os Resentidos 30 anos despois “é unha inspiración para toda a música galega”
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade participou hoxe na presentación de ‘Organización Nautilus’, o novo disco da banda viguesa
Galicia impulsa unha programación extensa e plural con máis de 40 actividades para conmemorar o centenario de Pardo Bazán
O acto central será a mostra que viaxará de Madrid á Coruña, con máis de 200 pezas e que se exhibirá no Kiosco Alfonso do 22 de outubro ao 18 de decembro