Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

14/06/21 | 15:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
14/06/21 | 14:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Esta tarde ábrese ao tráfico a zona entre o campo de Conxo e a nova glorieta de Televés no marco das obras de integración do Camiño de Santiago

Os vehículos poderán acceder ao Campo de Conxo desde a SC-20, glorieta Conxo, sentido Benéfica de Conxo, quedando para uso exclusivo de autobuses urbanos e coches autorizados o acceso desde a nova glorieta de Televés

14/06/21 | 13:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de mellora de seguridade viaria na estrada AC-552 en Arteixo precisarán de cortes puntuais e desvíos de tráfico esta semana

Hoxe realizaranse voaduras na contorna da glorieta do punto quilométrico 2+880, que fará necesarios cortes de tráfico durante breves intervalos de tempo, dirixidos por sinalistas

14/06/21 | 11:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto de mellora da seguridade viaria na PO-308 en Fontenla, no concello de Poio

Esta intervención, que supón un investimento autonómico superior aos 676.000 euros, céntrase na contorna do tramo de concentración de accidentes da vía e prevé a mellora das interseccións para diminuír a velocidade nese treito

14/06/21 | 10:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a aprobación do proxecto para habilitar un aparcadoiro na contorna do novo centro de saúde de Narón

Habilitaranse 138 prazas de aparcadoiro, engadindo catro adicionais para persoas con mobilidade reducida e dúas para vehículos sanitarios

13/06/21 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
12/06/21 | 12:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza nos treitos interurbanos de varios ríos de Ribadeo

O delegado territorial da Administración autonómica, Javier Arias, explicou que nos últimos días as tarefas centráronse nos leitos dos ríos Vilaselán, Moureira e San Xulián

12/06/21 | 11:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a protección da marxe dereita do río Valga coa fin de minimizar o risco de asolagamento neste municipio

Partirá do anteproxecto elaborado por Augas de Galicia no marco do plan específico para a xestión da área fluvial do río Ulla-Sar, de especial risco de inundacións