Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta publica no DOG o cambio de titularidade a prol do concello de Narón da estrada autonómica AC-114 entre os núcleos do Val e de Baltar
Transfírense os 630 metros desta vía, que ten o seu inicio á altura do punto quilométrico 6+280, marxe esquerda, e discorre na súa totalidade polo municipio
A Xunta adxudica por case 1,3 M€ o servizo de control de calidade da auga en captacións, emisións ao mar e encoros na Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa
O contrato, que lle dá continuidade ao programa que Augas de Galicia vén desenvolvendo na demarcación, recolle o seguimento de captacións de auga destinadas ao consumo mediante 141 puntos de mostraxe
A ampliación da Avenida da Deputación de Sabón obriga a un corte diúrno na fin de semana entre o enlace de acceso ao polígono e a Avenida da moda
Durante a xornada do sábado e do domingo habilitaranse como desvíos alternativos ao tráfico a estrada AC-552 e a avenida da Ponte
A Xunta inicia a licitación da construción da lonxa de Canido, na que investirá preto de 300.000 euros
A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informou que esta actuación da resposta á demanda do sector e da confraría de pescadores de Vigo
A Xunta apoia ao concello de Vilasantar na creación dun novo parque infantil para reforzar a oferta de lecer do municipio
A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou a nova área de xogo que permite concentrar varias actividades para os máis pequenos no mesmo entorno xunto coa piscina municipal e a pista polideportiva
A Xunta anuncia 70 obras de mellora da seguridade viaria nos Camiños de Santiago e pídelle ao Goberno que actúe nos treitos que coincidan con estradas nacionais
Vázquez Mourelle avanza a execución este ano destas obras nos cruces ou treitos paralelos dos Camiños de Santiago coa rede autonómica de estradas, cun investimento de 1,4 M€
O asfaltado da rotonda de Rodríguez de Viguri, xunto ao parque de bombeiros de Santiago, obrigará ao desvío do tráfico as vindeiras noites do xoves e do venres
Os traballos para o cruzamento de Concheiros desenvolveranse entre as 21 horas e as 8 da mañá e enmárcanse nas obras de mellora e integración paisaxística do Camiño Francés á súa entrada en Compostela
A Xunta e o Concello de Sanxenxo asinarán un convenio para executar a humanización e o reforzo da seguridade viaria da travesía de Portonovo
A actuación recolle a ampliación de beirarrúas para favorecer a accesibilidade e a mobilidade a pé dos veciños, cunha delimitación clara da circulación do tráfico rodado e peonil, ademais da renovación de cruces e de accesos, e da dotación de zonas axardinadas e mobiliario urbano
A Xunta acomete hoxe o formigonado da plataforma da nova ponte de Valdriz, en Láncara
O delegado territorial, Javier Arias, subliñou que a ampliación da estrutura, que pasa de 6 a 10,5 metros, enmárcase nas obras de construción dunha senda peonil e ciclista na LU-621
A Xunta comeza as obras de acondicionamento e rehabilitación da ponte de Baio, en Zas, que suporán un investimento de 328.000 euros
Esta intervención na ponte sobre o río Grande, na estrada AC-552, ten como obxectivo mellorar a seguridade viaria e a accesibilidade peonil, de xeito que se facilite a mobilidade entre ambas as ribeiras do río