Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 500 novas da área temática Xuventude:

17/05/22 | 10:31 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta abre o prazo para que as familias soliciten praza nos campamentos e nos campos de voluntariado de Verán Autonómicos

As persoas interesadas en participar nun campamento contan con sete días a partir de mañá, logo da súa publicación onte no DOG; e as que opten por campos de voluntariado poden consultar as bases na web de Xuventude

11/05/22 | 18:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Política Social e Igualdade

Fernández-Tapias destaca o éxito da Primavera Xove 2022 como alternativa de ocio segura para a xuventude viguesa

A delegada territorial da Xunta en Vigo participou este mércores no encontro informativo e de networking que permitiu dar alternativas ás mozas e mozos de entre 18 e 30 anos durante os meses de abril e maio

11/05/22 | 13:14 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta presenta a maior campaña de verán da historia con máis de 10.800 prazas para multitude de actividades

A campaña terá como lema ‘O verán que queres contar’, ampliará en tres mil as prazas ofertadas o ano pasado e en mil as que había antes da pandemia

07/05/22 | 13:02 | C. de Política Social e Igualdade

Unha quincena de voluntarios realizan tarefas de limpeza e coidado na Reserva da Biosfera mariñas coruñesas e Terras do Mandeo

Cristina Pichel explicou que esta actividade se pon en marcha ao abeiro do Programa de voluntariado ambiental interxeracional, que ofrece un completo programa de actividades que impulsan valores medioambientais

06/05/22 | 15:53 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta salienta o seu compromiso coas medidas que a Unión Europea impulsa para fomentar as oportunidades da mocidade

Os programas Erasmus+, o Corpo Europeo de Solidariedade ou Galeuropa son algunhas destas iniciativas coas que se promove a formación, a convivencia ou a interculturali-dade entre a xuventude

05/05/22 | 13:33 | C. do Medio Rural

A segunda xornada do 'Spin Rural' avalía a innovación vinculada á mocidade, á produción agroalimentaria e ao sector forestal

Analizaranse proxectos promovidos pola Xunta, coma o leite de pastoreo ou o impulso ao mel da nosa comunidade, xunto con outros da iniciativa privada e empresarial

04/05/22 | 18:34 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta achega á mocidade alternativas de ocio formativo a través dos 'Encontros e Networking nos campus universitarios'

Profesionais de diferentes eidos como a comunicación, o medio ambiente ou a educación emocional imparten charlas á mocidade na Coruña, Ourense, Santiago de Compostela e Vigo ao abeiro do programa Primavera Xove

03/05/22 | 17:53 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte

A segunda edición da Liga Xunta de Galicia de Break bota a andar para ratificar o seu enorme éxito e coa mirada posta nos xogos de 2024 e 2028

O secretario xeral para o Deporte destaca que a Liga Xunta de Galicia de Break é o perfecto pulo para continuar loitando polas metas no canto dos deportes urbanos como son o Plan Director, a creación da Federación Galega de Baile Deportivo e a posibilidade de que algún galego ou galega acade a participación olímpica

02/05/22 | 14:35 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta inviste preto de 650.000 euros nunha renovación integral do albergue xuvenil de Area, en Viveiro

O Goberno galego realizou nos últimos anos numerosas melloras nas instalacións lucenses, como a renovación completa do seu mobiliario, o cambio das ventás ou a reparación e cambio da cuberta de lousa

28/04/22 | 14:50 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social impulsa a creatividade e a cultura urbana á mocidade no Espazo Xove de Ourense

Celébranse talleres de graffiti, hip-hop, breakdance, escritura creativa e acuarela; unha charla sobre saúde emocional; e un concerto de música urbana