Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

23/06/22 | 15:08

Galicia amosa a asesores rurais europeos o seu labor de control do medio mariño para garantir a calidade dos moluscos

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño recibiu hoxe a medio cento de profesionais participantes no Congreso Internacional de Extensión Rural 2022 que se está a celebrar estes día en Lugo

22/06/22 | 10:48

O sábado comeza a veda da centola nas provincias da Coruña e Pontevedra

A prohibición de extracción deste crustáceo prolongarase ata o vindeiro 6 de novembro, día incluído, nas dúas provincias

22/06/22 | 10:41

Galicia e o norte de Portugal forman o observatorio do medio mariño con maior cobertura espacial de Europa

O proxecto Radar on Raia supón un avance nos servizos de medición e predición do estado do mar coa introdución da tecnoloxía de radares de alta frecuencia

21/06/22 | 19:00

Galicia traslada a Namibia a súa vontade de manter e reforzar as relacións comerciais no eido marítimo-pesqueiro

A Xunta salienta que a presenza no país de empresas como Iberconsa mediante alianzas con firmas namibias ten un efecto tractor ao impulsar a economía local coa xeración de emprego e riqueza

21/06/22 | 16:26

A Xunta lamenta a insistencia do Goberno central no seu ataque contra o sector marisqueiro galego e os seus preto de 9.000 profesionais

O Executivo galego censura a decisión do Executivo estatal de recorrer a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o plan do marisqueo para o período 2021-2023, un fallo que ratifica un por un todos os argumentos defendidos pola comunidade

18/06/22 | 11:38

Máis dun cento de persoas de distintos perfís relacionados co mundo do mar participan no deseño do Plan da Cultura Marítima de Galicia

Rosa Quintana expuxo que o fin deste traballo é definir compromisos estratéxicos para poñer en valor e conservar o patrimonio marítimo galego

17/06/22 | 13:45

Galicia aposta por reforzar o papel das organizacións rexionais de pesca na futura política pesqueira común

Rosa Quintana destaca o valor destas entidades para impulsar a cogobernanza global e acadar a sustentabilidade da actividade marítimo-pesqueira, algo que defende o ditame elaborado no seo do Consello Galego de Pesca de cara á revisión da folla de ruta da pesca europea