Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

03/10/22 | 13:25

Galicia e Portugal investirán 16,4 M€ ata 2025 para garantir o desenvolvemento sustentable da Reserva da Biosfera Gerês-Xurés

Ángeles Vázquez incide en que o obxectivo é conxugar a preservación do patrimonio natural e cultural, o turismo e as necesidades dos habitantes neste espazo protexido

02/10/22 | 11:14

A Xunta comparte o éxito da iniciativa do pacto das alcaldías en Galicia na Conferencia internacional da alianza do clima en Luxemburgo

O número de concellos adscritos pasou dos 22 en 2017, ano no que Galicia asumiu a coordinación desta iniciativa, aos 285 actuais

01/10/22 | 13:05

A Xunta mediará ante Costas do Estado para buscar solucións á acumulación de area na praia de Laxe

Ángeles Vázquez informou aos representantes municipais dos avances no plan de xestión da Paisaxe protexida dos Penedos de Pasarela e Traba, que comezou a elaborar este verán e cuxa memoria inicial está pendente de someterse a participación pública

01/10/22 | 12:50

A Xunta licita por case 85.000 € o primeiro dos traballos para restaurar os hábitats das illas Cíes, Ons e Sálvora no marco do proxecto transnacional ‘Life insular’

— A actuación consistirá na retirada de especies exóticas invasoras nos tres arquipélagos e a súa execución estenderase ata decembro do ano que vén

30/09/22 | 13:23

A Xunta intercambia experiencias sobre a xestión de espazos naturais nun foro internacional en Málaga

Belén do Campo subliña a importancia de que administracións e representantes de sectores produtivos, económicos e entidades ambientais busquen xuntos solucións para harmonizar o desenvolvemento de cada territorio coa protección da súa biodiversidade

30/09/22 | 13:08

Un proxecto innovador da Xunta e da USC sitúa a Meteogalicia á vangarda mundial na difusión de información clara e accesible sobre a calidade do aire

A proposta, que xa recibiu varios premios internacionais, baséase na aplicación de técnicas de intelixencia artificial para xerar de forma automática textos explicativos
 

29/09/22 | 17:21

A Unión Europea selecciona Galicia para formar parte da misión de adaptación ao cambio climático

? Ángeles Vázquez salienta que a Comunidade terá a oportunidade de situarse á vangarda na mitigación deste fenómeno compartindo experiencias e aproveitando sinerxías con outras rexións

29/09/22 | 12:31 | C. de Política Social e Igualdade

O programa de voluntariado ambiental da Xunta permitiu a recollida de máis de dúas toneladas de lixo en espazos naturais da comunidade

Esta actividade tivo lugar en 12 zonas de valor medioambiental e desenvolveuse durante as fins de semana do 29 de abril ata o 11 de setembro
 

27/09/22 | 12:18

A Xunta e o Centro de Investigación BDRI do Grove traballan na busca de medidas para minimizar no futuro a interacción das candorcas cos barcos a vela

A presidenta de Portos de Galicia reuniuse coa directiva da entidade para impulsar fórmulas que potencien o coñecemento e a prevención para facer fronte a esta problemática como accións disuasorias ou sistemas de alerta

26/09/22 | 13:32

A alianza polo clima promovida pola Xunta suma o apoio do Deportivo da Coruña, que se converte no primeiro club de fútbol en adherirse

Esta iniciativa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ten por obxectivo unir esforzos para situar a Galicia á cabeza das rexións europeas na loita contra o cambio climático