Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

22/09/22 | 12:09

A Xunta traballa na elaboración dun estudo sobre a situación laboral do colectivo LGTBI para poñer en marcha medidas fronte ás discriminacións

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na presentación dos XXXII Encontros Estatais LGTBI que, co apoio da Xunta, se celebrarán do 21 ao 23 de outubro na Coruña

21/09/22 | 14:04

O I Plan Galego contra a Trata sitúa Galicia como referente ao fortalecer os recursos para as vítimas e incidir na erradicación

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentou o documento ante 12 entidades que integran a Rede galega contra a trata e que tomaron parte no proceso participativo aberto pola Xunta para deseñar o plan
 

21/09/22 | 14:04

A Xunta financia este ano con 6,8 M€ a contratación de 268 orientadores laborais en 94 concellos e 40 entidades sen ánimo de lucro

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade apoia cunha contía máxima de 26.000 euros cada técnico contratado a tempo completo e con 29.000 euros se a entidade sen ánimo de lucro á que se incorpore traballa coa discapacidade

20/09/22 | 20:49 | A Presidencia da Xunta

Rueda celebra que as Medallas Pardo Bazán premien a traxectoria de mulleres referentes que inspiran ás demais a seguir o camiño da igualdade

Manifesta que non hai táctica nin discurso político que poida ignorar que as mulleres aínda son vítimas da desigualdade: “Nin titubeos, nin pasos atrás”

20/09/22 | 13:18

A Xunta activa as axudas por máis de 755.000€ para que entidades sociais promovan programas para mulleres vulnerables e de impulso do liderado feminino

O Goberno galego financiará as achegas con cargo aos cartos que a comunidade recada co 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF)

20/09/22 | 13:07

A Xunta traballa no deseño do Estatuto da Muller Rural e do Mar para garantir a defensa dos dereitos deste colectivo e promover o seu asociacionismo

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, explicou hoxe no Parlamento de Galicia, na comisión 8ª, que o Estatuto será integrado na nova Lei autonómica de igualdade para darlle rango de norma superior e un maior amparo legal

19/09/22 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 400 estudantes lucenses escoitaron o relato de Iñaki Zubizarreta contra o bullying, "Renderse non é unha opción"

O ex xogador de baloncesto, que sufriu acoso escolar e traballa activamente contra este problema, ofrecerá outra charla pola tarde para familias, titores, docentes ou adestradores

17/09/22 | 14:30

A Xunta ratifica en Moraña o seu apoio ás mulleres rurais e destaca que a promoción do asociacionismo feminino garante a igualdade de oportunidades

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na celebración do 30 aniversario da Asociación de Mulleres Rurais O Menhir, á que agradeceu as tres décadas de traballo asociativo

16/09/22 | 15:21

Lorenzana destaca o impulso feminino en Galicia que supón o 61% das novas iniciativas empresariais no fin dunha nova etapa do ‘Camiño Emprendedor’ en Catoira

A consellería de Promoción do Emprego e Igualdade percorreu un tramo do Camiño entre Vilanova de Arousa e Catoira no marco do programa que desenvolve a Xunta en colaboración coa Fundación Ronsel