Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 307 novas da área temática Goberno galego:

17/06/21 | 20:54 | A Presidencia da Xunta

Feijóo defende a vixencia do modelo autonómico baseado na cogobernanza e na corresponsabilidade "no que as comunidades temos que falar dos nosos dereitos pero tamén das nosas obrigas"

Sobre a reforma do sistema de financiamento incide en que este debe ter como principio básico o custo efectivo dos servizos, referíndose, especialmente, ao “gasto real” da sanidade e a educación

08/06/21 | 11:43 | A Presidencia da Xunta

Feijóo reivindica a xestión das autonomías nos peores momentos da pandemia, centradas en acordar, falar e traballar conxuntamente entre administracións para buscar saída aos problemas

Asevera que para abordar a situación o Goberno galego está a aplicar o manual baseado en xestionar a realidade e dicir a verdade

02/06/21 | 20:34 | A Presidencia da Xunta

Feijóo recorda que "nos nosos estatutos de autonomía cabemos todos os galegos" e salienta que da man deles Galicia recuperou o orgullo de ser autonomista

Avoga por que o autonomismo se faga presente nos debates porque aporta, di, o mellor da nosa historia e é o camiño máis seguro para conciliar pareceres

11/05/21 | 14:25 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a revitalización do Monte do Gozo como exemplo do compromiso de ofrecer un camiño para todos, máis inclusivo, máis accesible, máis sustentable, e sobre todo, un destino seguro

Lembra que en 2016 púxose en marcha o plan de revitalización ao que se destinaron 7,7 millóns para, entre outros aspectos: recuperar a zona residencial, reformar o edificio do cámping ou e rehabilitar o auditorio, incrementando a súa capacidade en 45.000 persoas