Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta presenta á Secretaría de Estado para a UE as actuacións que Galicia está a poñer en marcha con motivo da conferencia sobre o futuro de Europa
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe co secretario de Estado para a UE e cos responsables autonómicos de asuntos comunitarios para dar a coñecer as iniciativas nas que traballa Galicia
A Xunta activa unha intervención de emerxencia para atender as necesidades máis inmediatas da poboación da franxa de Gaza
O obxectivo é protexer os fogares máis vulnerables e os que teñen dificultades para acceder a alimentos no marco das hostilidades bélicas e nun contexto de emerxencia sanitaria derivada da covid-19
Miranda reúnese cos responsables de PuntoGal para potenciar no exterior o uso deste dominio a través dos centros galegos
O uso do “.gal” permitirá reforzar a imaxe de Galicia no exterior
Aberto o prazo para participar no encontro virtual da Fundación Galicia Europa sobre o programa “Erasmus Emprendedores”
A sesión informativa “Diálogos con”, organizada con motivo da Semana Europea da Xuventude, terá lugar o 3 de xuño e permitirá aos asistentes resolver as súas dúbidas sobre este programa, da man de especialistas e de galegos emprendedores que compartirán a súa experiencia como beneficiarios
Galicia demanda xunto ao resto de rexións europeas a implicación subestatal na aplicación dos plans nacionais de recuperación e resilencia
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe nunha reunión extraordinaria da Mesa do Comité Europeo das Rexións
Feijóo subliña que o compromiso de Portugal co AVE Vigo-Porto é un importante acicate para que o Goberno de España priorice unha infraestrutura estratéxica para ambos países
Sobre os fondos europeos Next Generation refírese ao proxecto relacionado coa automoción que ten presentado a candidatura galega, ademais de avaliar as sinerxías que neste eido poden desenvolver Galicia e o norte de Portugal
Feijóo aborda co presidente de Portugal a oportunidade que supón o Xacobeo 21-22 para reactivar o turismo e a economía de ambos os territorios
Agradece a decisión de Marcelo Rebelo de Sousa de facer unha etapa do Camiño como peregrino no mes de agosto: “Estamos máis que satisfeitos ante o compromiso do presidente da República e poder contar así cun peregrino especial”, di
A Xunta e a Comisión Europea debaten sobre a posta en marcha do pacto verde no ciclo de encontros da Fundación Galicia Europa
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou esta semana o ciclo de encontros virtuais” FGE, Next Generation Galicia”, no que destacou o papel dos entes rexionais na posta en marcha e avaliación das iniciativas contempladas no Pacto Verde
A Xunta participa no foro de debate sobre a Estratexia de especialización intelixente transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal
O director da AECT Galicia-Norte de Portugal, Xosé Lago, moderou o encontro no que tamén participou a directora da Área de Programas da Axencia Galega de Innovación, Luisa Boquete
Galicia aborda con outras rexións en Bruxelas a posta en marcha do Plan Europeo de Loita contra o Cancro
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia durante reunión da comisión de Recursos Naturais do Comité Europeo das Rexións