Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Miranda analiza coa Fundación Nosa Terra os avances no proxecto do monumento aos galegos que traballaron na construción da Canle de Panamá
O secretario xeral da Emigración recibiu no seu despacho a un dos representantes desta entidade para coñecer as novidades entorno a instalación desta escultura que estará dedicada aos máis de 8.000 galegos que fixeron posible a construción deste enlace entre o Atlántico e o Pacífico
Miranda recibe a Michelle Miron, do histórico centro español “La Nacional” de Nova York, ao remate do Camiño que realizou na honra do seu avó galego
O secretario xeral da Emigración agradeceu a representante deste histórico centro español con gran presencia de galegos, o seu interese por celebrar o Xacobeo, regresando así a Galicia tras 16 meses sen poder viaxar
Emigración publica a lista definitiva dos 200 admitidos nas Bolsas de Excelencia para a Mocidade do Exterior (BEME)
Ademais tamén publicou a lista dos 100 suplentes así como a os 170 excluídos por non completar a documentación requerida
Miranda visita o Arquivo Diocesano de Santiago co que colabora Emigración para facilitar información sobre familiares dos galegos do exterior
O convenio entre ambas institucións facilita que os solicitantes de información poidan atopar aos seus familiares ou documentación sobre os mesmos
Emigración convoca os obradoiros para entidades galegas do exterior reanudando as actividades presenciais e creando a modalidade telemática
O DOG publica hoxe a convocatoria desta iniciativa para a posta en marcha de talleres de folclore, artesanía, cociña e cultura galega
Emigración abre un novo portal en Galiciaaberta con información tributaria para residentes no exterior
O novo enlace permitirá coñecer aos residentes en 11 países de Europa e retornados a Galicia cuestións relativas as rendas, aos estados de tributación, as pensións así como aos impostos de sucesións, de rendas de non residentes e de patrimonio e bens no estranxeiro
A Xunta convoca a Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas para o próximo 14 de xullo
A reunión será a terceira que se celebra este ano e volverá a convocarse de xeito telemático, co obxectivode manter o contacto permanente ante as dificultades que está a xerar a actual pandemia